Archive | noviembre 17, 2012

Concello de Vigo


O Goberno municipal cumpre o compromiso de rematar a humanización da rúa Toledo

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Goberno municipal está a cumprir o compromiso que tiña adquirido cos veciños de rematar a humanización da rúa Toledo. Así o manifestou durante a visita que realizou esta mañá aos traballos que están a acometer parte dos 102 traballadores contratados no programa de emprego municipal Vigo Emprega.


Vigo afondará na relación “máxica e mítica” que ten nas obras do escritor universal Julio Verne

Abel Caballero avanzou que a cidade estreitará lazos coa obra de Julio Verne en colaboración coa Sociedade Verniana, unha iniciativa que enmarcou na actividade cultural e turística. Esta mañá mantivo un encontro con representantes desta asociación para coñecer con máis profundidade o seu proxecto.

Caballero critica a retirada da axuda de teleasistencia para 590 maiores ou dependentes en Vigo


O alcalde de Vigo criticou hoxe venres a decisión do Goberno central de eliminar as as axudas para teleasistencia, rexeitando así unha enmenda da Femp aos orzamentos xerais do Estado.

Caballero participa na inauguración do congreso de CCOO que elexiu secretaria comarcal a Amelia Pérez


O alcalde de Vigo participou esta mañá no congreso de CCOO que elexiu secretaria comarcal a Amelia Pérez. No acto, que se desenvolveu no Auditorio Municipal, rendiuse homenaxe ao antecesor no cargo José Cameselle.

O alcalde confía en que o BNG “recapacite” a súa oposición aos orzamentos da Xerencia de Urbanismo


Abel Caballero cualificou de “capital” o papel da Xerencia de Urbanismo na cidade “porque se encarga de defender esta cidade das agresións dos especuladores e do PP que queren continuar cos pelotazos”. Así o explicou logo de que o goberno sometera á votación esta mañá, na reunión semanal de Urbanismo, os orzamentos deste organismo para 2013.

O rexedor asiste á inaguración do novo ximnasio da Praza Elíptica

Abel Caballero participou esta tarde na inauguración do novo ximnasio da Praza E, un recinto deportivo que acada os 2.200 metros cadrados e contou cun investimento de 1,5 millóns de euros. A dirección agarda elevar o número de usuairos a 4.000

Contacontos Xan das Ondas para público familiar
Charla-Coloquio “Enredámonos nas redes?”
Charla sobre a toponimia da parroquia de Candeán
Peche ao tráfico da rúa Menéndez Pelayo
Peche ao tráfico da rúa Dr. Marañón

Novacaixagalicia presenta o ballet do Bolshoi en Vigo

O vindeiro mércores, 21 de novembro ás 20:30 h, o teatro do Centro Cultural de Vigo acollerá a actuación do Bolshoi Theatre Belarus deA bailadeira. As entradas están á venda a través das canles habituais, ben en www.servinova.com ou na billeteira telefónica no 902 504 500.

Decimoquinto aniversario del Círculo de Empresarios de Galicia

  (parte del discurso)

 Marcelino Otero demanda atención hacia los emprendedores: “Demos aliento a quien ofrece aliento a nuestra economía”

  • Círculo de Empresarios ofrece a la Xunta de Galicia la experiencia y colaboración de Redinvest
  • Felicita a Núñez Feijóo por la reelección y le desea “éxito en la nueva andadura, porque ello repercutirá en nuestro propio éxito”
  • Alude a las muchas empresas que, pese a tener trabajo, pedidos y clientes, “han ido cayendo como fichas de dominó” por problemas de financiación Leer Más…

O BNG vota en contra os orzamentos da Xerencia de Urbanismo ao descoñecer as contas municipais

Vigo, 16 de novembro de 2012.- A concelleira do BNG, Iolanda, destacou este venres que o Bloque votou hoxe en contra dos orzamentos da Xerencia de Urbanismo ao non coñecer previamente as contas municipais. “Entendemos que o goberno local debería ter preparados os orzamentos xerais incluindo os orzamentos dos organismos autónomos e non comezar a casa polo tellado”, salienta ao respecto. Leer Más…

O IGAPE PARTICIPA EN MOS NO CICLO “IDEA A TÚA EMPRESA” PARA ACHEGAR AOS EMPRENDEDORES AS AXUDAS E SERVIZOS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

No relatorio, que se celebrará o luns ás 11 horas, o Instituto informará dos apoios que ofrece a Xunta para acompañar aos impulsores de novas iniciativas en todas as fases de lanzamento de novas empresas, desde a elaboración do plan de empresa á consolidación e a internacionalización

O IGC PARTICIPA A TRAVÉS DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO NUN PROXECTO EUROPEO PARA FOMENTAR AS BOAS PRÁCTICAS NO VOLUNTARIADO NO ÁMBITO DA FORMACIÓN

  • A iniciativa botou a andar esta semana en Budapest cun encontro con participación de representantes de entidades de oito países diferentes
  • A Escola achegará a súa experiencia na formación do voluntariado para aproximar o uso do comercio electrónico ás persoas maiores e con discapacidade a través do simulador de compras.
  • Santiago, 16 de novembro de 2012.- A Escola Galega de Consumo do IGC participa no proxecto europeo SERVE, que ten por obxectivo fomentar as boas prácticas no voluntariado no ámbito da formación e que botou a andar esta semana cun encontro en Budapest no que participaron organizacións de oito países europeos.

    A entidade dependente de Economía e Industria centra a súa achega ao proxecto na súa experiencia ofrecendo formación específica a voluntarios no eido do comercio electrónico para que poidan prestar o seu apoio nesta materia aos colectivos de persoas maiores e discapacitados.

    Para a formación neste eido, a Escola conta co simulador de compras na rede, unha ferramenta que pon a disposición do usuario unha tenda virtual e que permite traballar distintos aspectos como o pagamento por internet e outros relacionados cos dereitos dos consumidores, entre os que se atopan o etiquetado dos produtos, as venda sa distancia, a publicidade, a protección de datos e a realización de reclamacións. Este simulador, único en toda España, foi deseñado polo persoal da Escola galega de Consumo, e xa ten sido demandado por moitas Comunidades Autónomas e entidades.

O SECRETARIO XERAL DO MEDIO RURAL E MONTES E O CONCELLO DE VIGO ASINAN O CONVENIO PARA A MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS AGRARIAS

  • A sinatura ten lugar catro meses despois da súa convocatoria
  • O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias Leer Más…

Comunicado: Concelleiro de Fomento David Regades – Vigo

Vigo, 16 de novembro de 2012.- En referencia as declaracións realizadas pola
Xunta de Galicia nas que se afirma que a sinatura do convenio para a mellora das
infraestruturas agrarias, nas que se inclúe o reforzo do firme da Travesía da Vía- en
Cabral, o concelleiro de Fomento asegurou hoxe que se lle reclamou á
administración autonómica desde hai meses a sinatura deste convenio.
É a Xunta de Galicia a que decidiu, de xeito deliberado, retrasar a rúbrica deste
acordo porque a proposta que se lle fixo desde este Concello pasaba por enviar o
convenio asinado sen participar en acto mediático algún. O problema da Xunta de
Galicia e dos seus representantes é que non poden vivir sen fotos, esa é a súa
forma de entender a política.
Son eles os que impediron que o reforzo do firme na Travesía da Vía se levara
adiante hai meses; de feito, desde que a Xunta de Goberno local de Vigo aprobara
no mes de abril destiñar os case que 50.000 euros do Ministerio de Medio Ambiente
para resolver as deficiencias deste vial, se lles reclamou de forma reiterada unha
data para poder asinar o convenio. Tiveron que pasar máis de 7 meses para logralo
e, desde ese momento, o Concello de Vigo tamén esta á espera de recibir a partida
económica que tramita a Consellería de Medio Rural.
David Regades
Concelleiro de Fomento

PP de Vigo

El alcalde se queda en minoría al rechazarse el “esperpéntico” presupuesto de la Gerencia de Urbanismo y al desconvocar el consejo del IMD

  • Los votos en contra de PP y BNG hacen que el gobierno socialista no saque adelante las cuentas del organismo autónomo que rige el Urbanismo, aunque el alcalde lo trate de ocultar al manifestar que lo llevará igual al pleno.
  • El consejo del IMD fue desconvocado “in situ” por el concejal de Deportes, a sabiendas de que iba a perder la votación para recurrir la sentencia favorable a los trabajadores.
  • El Grupo municipal del Partido Popular califica de “impresentable” que se suspenda una sesión como la del Instituto Municipal de los Deportes, justo en el momento en que iba a comenzar la reunión: “El PSOE sabía que no tenía votos suficientes para sacar adelante la propuesta del recurso judicial”
  • El alcalde desprecia a los vecinos de Coia y hace caso omiso a sus peticiones al ocultar los informes sobre la tala de chopos
    • “Es desolador para los vecinos que después de diez días reclamando una explicación del gobierno, ni el alcalde ni ningún concejal hayan pisado el barrio vigués”, denunció el edil del Grupo Municipal del Partido Popular, Antonio Bernárdez.
    • El PP insta a Caballero a dimitir del organismo “Ciudades por el clima”, ante una actitud como la que demuestra con sus vecinos en un caso ambiental como es cortar chopos.
    • “El regidor vigués debería reunirse con los residentes de Coia para explicarles los motivos de la tala de árboles y mostrarles el proyecto de reforestación que se pretende conseguir con la nueva plantación”, subrayó Bernárdez.