Comunicado: Concelleiro de Fomento David Regades – Vigo

Vigo, 16 de novembro de 2012.- En referencia as declaracións realizadas pola
Xunta de Galicia nas que se afirma que a sinatura do convenio para a mellora das
infraestruturas agrarias, nas que se inclúe o reforzo do firme da Travesía da Vía- en
Cabral, o concelleiro de Fomento asegurou hoxe que se lle reclamou á
administración autonómica desde hai meses a sinatura deste convenio.
É a Xunta de Galicia a que decidiu, de xeito deliberado, retrasar a rúbrica deste
acordo porque a proposta que se lle fixo desde este Concello pasaba por enviar o
convenio asinado sen participar en acto mediático algún. O problema da Xunta de
Galicia e dos seus representantes é que non poden vivir sen fotos, esa é a súa
forma de entender a política.
Son eles os que impediron que o reforzo do firme na Travesía da Vía se levara
adiante hai meses; de feito, desde que a Xunta de Goberno local de Vigo aprobara
no mes de abril destiñar os case que 50.000 euros do Ministerio de Medio Ambiente
para resolver as deficiencias deste vial, se lles reclamou de forma reiterada unha
data para poder asinar o convenio. Tiveron que pasar máis de 7 meses para logralo
e, desde ese momento, o Concello de Vigo tamén esta á espera de recibir a partida
económica que tramita a Consellería de Medio Rural.
David Regades
Concelleiro de Fomento

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: