Concello de Vigo


O Goberno municipal cumpre o compromiso de rematar a humanización da rúa Toledo

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Goberno municipal está a cumprir o compromiso que tiña adquirido cos veciños de rematar a humanización da rúa Toledo. Así o manifestou durante a visita que realizou esta mañá aos traballos que están a acometer parte dos 102 traballadores contratados no programa de emprego municipal Vigo Emprega.


Vigo afondará na relación “máxica e mítica” que ten nas obras do escritor universal Julio Verne

Abel Caballero avanzou que a cidade estreitará lazos coa obra de Julio Verne en colaboración coa Sociedade Verniana, unha iniciativa que enmarcou na actividade cultural e turística. Esta mañá mantivo un encontro con representantes desta asociación para coñecer con máis profundidade o seu proxecto.

Caballero critica a retirada da axuda de teleasistencia para 590 maiores ou dependentes en Vigo


O alcalde de Vigo criticou hoxe venres a decisión do Goberno central de eliminar as as axudas para teleasistencia, rexeitando así unha enmenda da Femp aos orzamentos xerais do Estado.

Caballero participa na inauguración do congreso de CCOO que elexiu secretaria comarcal a Amelia Pérez


O alcalde de Vigo participou esta mañá no congreso de CCOO que elexiu secretaria comarcal a Amelia Pérez. No acto, que se desenvolveu no Auditorio Municipal, rendiuse homenaxe ao antecesor no cargo José Cameselle.

O alcalde confía en que o BNG “recapacite” a súa oposición aos orzamentos da Xerencia de Urbanismo


Abel Caballero cualificou de “capital” o papel da Xerencia de Urbanismo na cidade “porque se encarga de defender esta cidade das agresións dos especuladores e do PP que queren continuar cos pelotazos”. Así o explicou logo de que o goberno sometera á votación esta mañá, na reunión semanal de Urbanismo, os orzamentos deste organismo para 2013.

O rexedor asiste á inaguración do novo ximnasio da Praza Elíptica

Abel Caballero participou esta tarde na inauguración do novo ximnasio da Praza E, un recinto deportivo que acada os 2.200 metros cadrados e contou cun investimento de 1,5 millóns de euros. A dirección agarda elevar o número de usuairos a 4.000

Contacontos Xan das Ondas para público familiar
Charla-Coloquio “Enredámonos nas redes?”
Charla sobre a toponimia da parroquia de Candeán
Peche ao tráfico da rúa Menéndez Pelayo
Peche ao tráfico da rúa Dr. Marañón

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: