O IGC PARTICIPA A TRAVÉS DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO NUN PROXECTO EUROPEO PARA FOMENTAR AS BOAS PRÁCTICAS NO VOLUNTARIADO NO ÁMBITO DA FORMACIÓN

  • A iniciativa botou a andar esta semana en Budapest cun encontro con participación de representantes de entidades de oito países diferentes
  • A Escola achegará a súa experiencia na formación do voluntariado para aproximar o uso do comercio electrónico ás persoas maiores e con discapacidade a través do simulador de compras.
  • Santiago, 16 de novembro de 2012.- A Escola Galega de Consumo do IGC participa no proxecto europeo SERVE, que ten por obxectivo fomentar as boas prácticas no voluntariado no ámbito da formación e que botou a andar esta semana cun encontro en Budapest no que participaron organizacións de oito países europeos.

    A entidade dependente de Economía e Industria centra a súa achega ao proxecto na súa experiencia ofrecendo formación específica a voluntarios no eido do comercio electrónico para que poidan prestar o seu apoio nesta materia aos colectivos de persoas maiores e discapacitados.

    Para a formación neste eido, a Escola conta co simulador de compras na rede, unha ferramenta que pon a disposición do usuario unha tenda virtual e que permite traballar distintos aspectos como o pagamento por internet e outros relacionados cos dereitos dos consumidores, entre os que se atopan o etiquetado dos produtos, as venda sa distancia, a publicidade, a protección de datos e a realización de reclamacións. Este simulador, único en toda España, foi deseñado polo persoal da Escola galega de Consumo, e xa ten sido demandado por moitas Comunidades Autónomas e entidades.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: