O SECRETARIO XERAL DO MEDIO RURAL E MONTES E O CONCELLO DE VIGO ASINAN O CONVENIO PARA A MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS AGRARIAS

  • A sinatura ten lugar catro meses despois da súa convocatoria
  • O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias

Santiago, 16 de novembro de 2012.- O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, reuniuse hoxe en Santiago cun representante do Concello de Vigo para asinar o convenio sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM), catro meses despois da súa convocatoria, despois de que o alcalde da localidade non asistise ao acto de sinatura que se convocou con todos os concellos da zona o pasado 3 de xullo.

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Obxecto e Actuacións

O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Esta parte do plan complementa á executada pola Xunta o ano pasado. No caso do concello vigués, o orzamento previsto é de 49.951,46 euros e a actuación que presentou o Concello de Vigo para levar a cabo é a relativa ao reforzo do firme da Travesía da Vía, na parroquia de Cabral.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: