Archive | noviembre 23, 2012

Concello de Vigo

 


Caballero destaca a presenza de miles de mozos e mozas “levantando a voz contra a violencia machista”

Case 2.000 alumnos e alumnas dun total de 40 centros de ensino secundario de Vigo e unha ampla representación da cidadanía participaron na iniciativa Enlaza Vigo-Reacción Cidadá contra a Violencia de Xénero, posta en marcha polo Concello para esixir a todos os poderes públicos e á sociedade en xeral un compromiso real e unha implicación decidida para combater o terrorismo machista.

 


O Concello xa aprobou convenios para a creación de 228 empregos con 2 millóns de investimento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou hoxe venres convenios de colaboración con Cáritas, Down Vigo, Autismo Vigo, AVEMPO e Érguete-Integración para a creación de emprego, acordos dun Plan Municipal de Emprego que ata o momento xa xerou 228 postos de traballo dos aproximadamente 350 previstos.

 


O Concello saca a concurso público seis parcelas para construír 166 vivendas protexidas

Abel Caballero informou hoxe venres da decisión municipal de allear seis parcelas municipais, mediante concurso público, para construír vivenda protexida. Os 6.200 metros cadrados de superficie están localizados en Praza Elíptica, Cambeses, Chantada, Rosalía de Castro e Villalaura.

 

O goberno local convoca 47 novas bolsas de idiomas das case 500 concedidas este ano

Tras a Xunta de Goberno Local celebrada este venres, o alcalde anunciou a aprobación das bases da convocatoria de 47 novas achegas de inmersión lingüística para o alumnado da Escola de Idiomas de Vigo, cifra que acada as 494 bolsas condedidas este ano por un investimento de case 1,1 millóns de euros.

 


Caballero participa na inauguración das Xornadas do Dereito do Traballo e da Seguridade Social

O evento conta con ponencias de catedráticos de distintas universidades españolas e dun maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña. O Concello colabora na realización dunhas Xornadas baixo o título “O fortalecemento dos dereitos fundamentais como medio de superación dos recortes legais e da crise económica”.

 

Representación teatral “A tempestade” de William Shakespeare

 

Obradoiro de comunicación oral

 

Diversos peches de rúas ao tráfico en Vigo

 

Sesión de Networking

 

Bando

 

Bando

El Partido Popular califica de “esperpento” la política del alcalde en los organismos autónomos, que cada vez dependen más del dinero del Concello y prestan menos servicios

El concejal del PP Miguel Fidalgo critica que el zoo cierre en enero por motivos técnicos, “y también lo hace para ahorrar costes” y que el IMD se plantee una reducción en el horario de las instalaciones.

  • “El alcalde mantiene una estructura en estos organismos anclada en el pasado que cada vez tiene mayores costes”, recalca el concejal del Partido Popular.
  • Fidalgo insiste en que “no es un problema de personal, es de política de gestión;  a la vista de los resultados, el PP mantiene la propuesta de que se integren en la propia estructura municipal”.

O BNG demanda ao PP que cumpra con Vigo e esixa cartos á Deputación e á Xunta para o Plan Municipal de Emprego

Vigo, 23 de novembro de 2012.-O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, presentou este venres a moción que o grupo nacionalista defenderá no vindeiro pleno da Corporación para impulsar a creación de emprego en Vigo. O nacionalista explicou que a iniciativa insta á Xunta de Galiza e á Deputación provincial a que contemple nos seus vindeiros orzamentos sendas partidas de igual contía como mínimo como as que se destinaron nos orzamentos municipais de 2012, co obxectivo de complementar o Plan de Emprego Municipal de 2013. Leer Más…

XUNTA E GOBERNO CENTRAL ENTREGAN Á COMISARIA EUROPEA DE PESCA O DITAME DE GALICIA SOBRE A REFORMA DA POLÍTICA COMÚN DE PESCA

  • Ademais de expoñer os aspectos que defende Galicia ante a reforma da PCP na xuntanza tamén se fixo entrega da Estratexia Galega de Acuicultura e presentouse a Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística Leer Más…

Agenda CFV – Vigo

LUNES, 26 DE NOVIEMBRE
  • Curso sobre Plan de Negocios de Mediadores de Seguros
        LUGAR: Salón Nogueira Dalmás
        HORA: 17:00 Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA ÁS EMPRESAS GALEGAS NA BUSCA DE NOVAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN TURQUÍA

  • Unha misión empresarial a Istambul e Bursa, coordinada pola Consellería de Economía e Industria, porá en contacto a empresarios galegos e turcos de sectores como a automoción, a agroindustria e os materiais de construción
  • A través do Igape, a Xunta achegará ademais a súa experiencia no desenvolvemento de clúster competitivos e con proxección internacional
  • A Consellería traballa nun protocolo de colaboración coa axencia de desenvolvemento turca  BEBKA para avanzar nas iniciativas de cooperación

Comunicado servicios mínimos lunes 26 de noviembre – Vitrasa – Vigo

Vigo, 23 de novembro de 2012.- Ante a nova convocatoria de folga prevista para este luns 26
de novembro, Vitrasa recomenda a todos os usuarios que consulten os servizos mínimos que
xa están colgados na páxina web http://www.vitrasa.es ou a través do servizo telefónico (986 29 16
00 – 986 20 74 74) para comprobar os horarios e percorridos das liñas que van a utilizar
durante ese día.
Os servizos mínimos manteranse nun 40% en horas punta (07.00-11.00 horas e 13.00-22.00
horas) e nun 25% no resto do día.
Sentimos as molestias ocasionadas aos usuarios por esta folga e desde a empresa confiamos
en poder chegar a un acordo entre ambas partes o antes posible para recuperar a normalidade
no transporte público da cidade.

NADAL GASTRONÓMICO NAS AULAS DE COCIÑA DE NOVACAIXAGALICIA

Durante o mes de decembro, a aula de cociña do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo servirá de punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas na aprendizaxe dalgúns dos pratos máis senlleiros do tempo do Nadal. Da man de distintos profesionais gastronómicos, as persoas que desexen participar neste afondamento dun dos aspectos culturais de Galicia máis recoñecido, poderán formalizar a súa inscrición en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

LA CEP INICIA SEGUNDA MISIÓN A PERÚ

  Un grupo de 14 empresas participan en esta segunda incursión al mercado peruano

ø La agenda se divide en actividades en Lima y en la ciudd de Paita, capital del Departamento Piura

ø Esta iniciativa se ha organizado en colaboración con el Consorcio de la Zona Franca y la Diputación de Pontevedra. Leer Más…