XUNTA E GOBERNO CENTRAL ENTREGAN Á COMISARIA EUROPEA DE PESCA O DITAME DE GALICIA SOBRE A REFORMA DA POLÍTICA COMÚN DE PESCA

  • Ademais de expoñer os aspectos que defende Galicia ante a reforma da PCP na xuntanza tamén se fixo entrega da Estratexia Galega de Acuicultura e presentouse a Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística

Santiago, 23 de novembro de 2012.-  A conselleira do Medio Rural e do Mar en funcións, Rosa Quintana, e o Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, entregaron este mediodía á comisaria europea de Pesca e Asuntos Marítimos, María Damanaki o ditame de Galicia sobre a reforma da Política Común de Pesca. Fixérono nunha xuntanza na que abordaron e expuxeron os puntos clave do documento de Galicia ante a folla de ruta da pesca europea.

Outro dos temas expostos do encontro, ao que tamén asistiron o Secretario General de Pesca, Carlos Domínguez, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, foi a Estratexia Galega de Acuicultura e a Guía de Criterios de Sostibilidade e Integración Paixaxística dos establecementos de acuicultura litoral. Esta xuntanza realizouse no marco da conferencia internacional de acuicultura que se está a celebrar na Coruña.

A titular de Medio Rural e Mar en funcións explicou á comisaria que o ditame foi aprobado por unanimidade polo sector e que é resultado de numerosas xuntanzas e das achegas realizadas entre a Administración, sector e grupos con representación no Parlamento galego. Ademais incidiu en que o obxectivo básico deste documento é acadar un equilibrio entre a dimensión económica, social e medioambiental.

Puntos clave do ditame

O documento de Galicia inclúe aspectos irrenunciables que a Xunta vén defendendo reiteradamente e que foron obxecto de debate na xuntanza coa comisaria. Entre eles salienta o de adiar a consecución do Rendemento Máximo Sostible de 2015 –ano proposto inicialmente pola UE- ao 2020 ao considerar que non é asumible acadalo na data proposta.

A defensa da eliminación progresiva dos descartes e de xeito compatible cos eidos sociais e económicos das pesquerías é outro dos aspectos nos que fai fincapé o ditame de Galicia. Este documento tamén reflicte o rexeitamento ao mal chamado principio de estabilidade relativa polo que se establecen os TACs e cotas de pesca por ser negativo para os intereses e a viabilidade da frota galega. Neste sentido, Galicia solicita a eliminación deste criterio e a súa substitución polo de esforzo pesqueiro para asegurar unha correcta e xusta integración das flotas europeas e unha adecuada adaptación das mesmas aos recursos dispoñibles.

En relación aos Dereitos Transferibles de Pesca –ITQs- Galicia defende que poidan intercambiarse entre Estados Membro. Outro dos puntos nos que incide a proposta é na posibilidade de acadar uns niveis de flota acordes á disposición de recursos mediante a medidas de despece de buques que sexan compatibles, coherentes e concorrentes coas Concesións Transferibles de Pesca.

Acuicultura

En relación á acuicultura Rosa Quintana presentou e entregou a María Damanaki a Estratexia Galega de Acuicultura, o documento que representa a planificación estratéxica desta actividade para relanzala na comunidade galega.

O documento establece unha serie de propostas de actuación de forma que a acuicultura xere emprego e riqueza de xeito equilibrado co respecto e a integración ambiental e realizouse en consonancia cos obxectivos marcados pola Unión Europea nesta materia na súa proposta de reforma da Política Pesqueira Común. A Xunta pretende que todas as ferramentas básicas deste plan estratéxico plurianual para a actividade acuícola estean en funcionamento antes de 2014.

A ESGA contempla diversas accións a desenvolver, que comprenden a modificación e complementación do marco normativo para acadar un elevado afianzamento da seguridade xurídica e  que inclúen a aprobación da Lei Galega de Acuicultura, o Decreto de ordenación de parques de cultivo e a reforma da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia. Tamén recolle a aprobación do Plan Director de Acuicultura Litoral, que establece as condicións para a implantación destas actividades con criterios de eficiencia, sustentabilidade e calidade ambiental e paisaxística. Ademais tamén se presentou á comisaria a Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral, unha ferramenta útil para establecer as liñas aplicables para a integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: