FEIJÓO AVOGA POR ADMINISTRA​R A GALICIA DE HOXE CO MESMO GALEGUISMO CORDIAL E AGARIMOSO CO QUE GOBERNOU ALBOR E AFIRMA QUE SE ASÍ FOI POSIBLE CONSTRUÍR UN PAÍS, “TAMÉN SERÁ POSIBLE SUPERAR A CRISE CON NOVOS FOLGOS”

  • Salienta que Gerardo Fernández Albor  soubo ver a enerxía, as ganas e o potencial do pobo galego que levaba demasiados anos acalado
  • Recorda o seu labor e asegura que lle deu a súa terra algo imprescindible para poder saír adiante nun dos momentos máis cruciais da súa historia. “Máis que os inicios do noso modelo democrático, máis que os inicios do noso sistema de Benestar, o legado principal que Albor lle deu á súa terra foi a confianza en si mesma e na súa unidade”

Mondariz-Balneario, 24 de novembro de 2012.- O presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou, este mediodía, por administrar a Galicia de hoxe co mesmo galeguismo cordial e agarimoso co que gobernou Albor e afirmou que se así foi posible construír un país, “tamén será posible superar a crise con novos folgos”.

Con estas palabras, o titular da Xunta quixo render homenaxe a un dos pais da Galicia autonómica. “Primeiros foino como doutor e intelectual; despois como europeísta; e sempre como unha persoa boa e xenerosa que está a carón dos seus amigos. Grazas a el, o noso país deixou de ser o que era, e comezou a ser o que será”.

“El soubo ver a enerxía, as ganas e o potencial do pobo galego que levaba demasiados anos acalado. E canalizou todo iso coa única actitude que pode explicar a súa decisión de abandonar unha frutífera vida profesional como médico pola vida política. Unha actitude baseada no compromiso, na xenerosidade, nun traballo inxente, e no amor pola terra e polos seus concidadáns”, engadiu.

Ante a pregunta sobre qué tería sido de Galicia se, no canto deste Albor, Galicia contara nos seus inicios con dirixentes cativos, que mistificaran os desexos dos cidadáns, ou que non confiaran neles, Feijóo amosouse convencido de que, “abofé, teriamos unha Galicia ben distinta”.

O responsable do Goberno galego recordou que a labor de Gerardo Fernández Albor non era nada doada. “Tiña que superar os recelos que, por exceso ou por defecto, provocaba o autogoberno en varios sectores da sociedade galega. Tiña que superar a tentación de ensimesmarse á que moitas veces nos vemos sometidos os políticos. Tiña a tarefa de levantar unha Galicia que fora soñada por moitos, pero que estaba por facerse”.

Diante desta situación, Feijóo subliñou que esa responsabilidade histórica non o deslumbrou porque “el encomendouse a algo máis forte que calquera temor, calquera reto, ou calquera suspicacia individual. Encomendouse, desde o principio, á forza colectiva do pobo galego”.

O titular da Xunta concluíu asegurando que Albor deulle a súa terra algo imprescindible para poder saír adiante nun dos momentos máis cruciais da súa historia. “Máis que os inicios do noso modelo democrático, máis que os inicios do noso sistema de Benestar, o legado principal que Albor lle deu á súa terra foi a confianza en si mesma e na súa unidade”.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: