Mofa e Befa representan Románticos, a súa última obra, no teatro da Universidade de Vigo

O texto está asinado por Quico Cadaval e conta coa música de Piti Sanz

Vigo, 27 de novembro de 2012.- Logo da súa estrea en Santiago, Románticos, a última produción de Mofa e Befa, fai a súa primeira parada no Teatro Vidal Bolaño da Universidade de Vigo. Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira regresan aos escenarios para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico. Trátase de aprofundar no romanticismo con cumes treboentos, negras sombras, exangües amores vampirescos, todo edulcorado coa sinatura de Quico Cadaval e Piti Sanz.

Segundo a sinopse da obra, en Románticos pódese atopar “a loita do monstro de Frankenstein contra o sinistro Julio Iglesias, comparando as cicatrices operatorias; as asombrosas revelacións do psicoanalista arxentino de Rosalía de Castro; o conde Drácula cantando o afamado bolero Pasarán máis de mil anos ou un consultorio sentimental para mellorar as relacións e, porque non, sexuais, con amantes que xa morreron e que volven en forma de estatua, de zombi ou de espírito sutil. Tamén haberá recomendacións para quen queira levar o seu romanticismo a extremos molestos para a familia, cun breve manual de suicidio”.

MOFA   E BEFA

Románticos

Data:     28   de novembro

Hora:    18.30 h    //  Entrada libre

Lugar: Teatro Vidal Bolaño. Campus de Vigo.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: