O CENTRO TECNOLÓXIC​O DO MAR ABORDA NUN SEMINARIO O FUTURO DAS PESQUEIRAS DA MERLUZA DE INTERESE INDUSTRIAL

  • Durante dous días, expertos do ámbito internacional analizarán o estado dos stocks das especies de merlúcidos mais importantes para o sector extractivo e elaborador

Vigo, 27 de novembro de 2012.- “Evolución e tendencias das poboacións de merlúcidos de interese industrial. Saúde do recurso” é o título do seminario que se celebrará na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo os vindeiros días 28 e 30 de novembro, organizado pola propia Fundación CETMAR e o Instituto Español de Oceanografía en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica TECNPOPEIXE.

O obxectivo destas xornadas, nas que intervirán recoñecidos expertos de ámbito internacional, é abordar o futuro a corto prazo destas pesqueiras e as posibles estratexias cara a súa óptima xestión a fin de garantir o súa continuidade e, consecuentemente, o futuro da flota conxeladora e de altura, das empresas elaboradoras e dos frigoríficos que dependen delas.

 

A directora-xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo, será a encargada de presentar este seminario, cuxa apertura correrá a cargo do subdirector xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, José Molares. Será o mércores 28 nunha primeira xornada dedicada ás especies do Atlántico Suroccidental, como é o caso das pescadas arxentina, austral e de cola. No segundo día do seminario, o venres 30, o director do IEO, Eduardo Balguerías, abrirá unha mañá dedicada as especies das costas occidentais de África e á pescada europea.

 

Os relatorios correrán a cargo dos doutores Patricio Árana, da Pontificia Universidade Católica de Valparaíso; Ana Gordoa do CSIC; e José Luís del Río, Carmen G. Piñeiro, Santiago Cerviño e José Castro do IEO.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: