Archive | noviembre 28, 2012

Concello de Vigo

Caballero esixe a Louzán que asuma o custo do servizo de teleasistencia seguindo o exemplo do seu homólogo de A Coruña O alcalde de Vigo e vicepresidente da Femp instou hoxe mércores á Deputación de Pontevedra a asumir o custo da teleasistencia, logo de que o Goberno Central retirara os 28,9 millóns de euros que o Imserso adicaba a este servizo. Caballero esixiu a Louzán seguir os pasos do responsable da Deputación de A Coruña, quen xa anunciou que ese organismo compensará a retirada da partida dos orzamentos xerais do Estado.

Caballero cualifica o taxazo xudicial “como un atentado contra os dereitos constitucionais” O rexedor trasladou hoxe mércores o apoio do Goberno municiapal aos profesionais da Xustiza que están a demandar a retirada do taxazo xudicial. Caballero, quen mantivo esta mañá un encontro con profesionais da Xustiza, destacou a “importante afectación” que vai ter esta lei na vida cotiá dos cidadáns.

O Concello colaborará na celebración do centenario do Rápido de Bouzas O club da antiga vila mariñeira conmemorará na próxima tempada o seu centenario e contará co Concello de Vigo para a elaboración dun programa conxunto. O alcalde, Abel Caballero, confirmou que “imos cooperar” coa entidade para celebrar en Bouzas e en toda a cidade os cen anos do Rápido.

Caballero convoca aos alcaldes da Mancomunidade o próximo 10 de decembro O alcalde vigués anunciou este mércores a convocatoria da Xunta de Goberno da entidade supramunicipal para abordar temas “de envergadura legal”, como o pago dunha débeda que mantén a Mancomunidade con Facenda. Caballero fixa a reunión para salvaguardar a “responsabilidade” do Concello de Vigo.

O Goberno apoia á Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro no rexeitamento dos muíños eólicos O alcalde de Vigo reiterou esta mércores o rexeitamento do goberno municipal á instalación de muíños eólicos na Serra do Galiñeiro, prevista pola Xunta de Galicia. O Concello ten un informe técnico negativo á proposta autonómica, que produce máis perxuízos que beneficios

BENESTAR CONVOCA 220 PRAZAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ‘XUNTOS POLO NADAL’ NAS RESIDENCIA​S DE TEMPO LIBRE

  • Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2013
  • As solicitudes, acompañadas de fotocopia compulsada do DNI, informe social e declaración responsable, pódense presentar ata o próximo día 5 de decembro
  • Das 220 prazas, haberá 100 na residencia de tempo libre de Panxón (50 para beneficiarios da provincia de Lugo e outras 50 para os de Ourense); e 120 prazas na residencia de tempo libre do Carballiño (60 para beneficiarios da provincia da Coruña e outras 60 para os de Pontevedra) Leer Más…

folga de fame,Meixoeiro,Vitrasa ..CIG

Remata a folga na cafetería do hospital Meixoeiro de Vigo tras un acordo de convenio que inclúe a subida salarial demandada

o comité de empresa de Vitrasa, a empresa concesionaria dos  autobuses urbanos de Vigo, ten convocada unha manifestación polas rúas  da cidade para reclamar a negociación do convenio colectivo. A marcha  partirá este xoves 29 da rúa Lepanto ás 11.00 horas e rematará no  Concello. Leer Más…

O CETMAR PRESENTA UNHA NOVA REDE DE CENTROS DE FORMACIÓN MARÍTIMA COMO PECHE AO PROXECTO EUROPEO MARLEANET

  O Centro Tecnolóxico do Mar acolleu hoxe a presentación dunha nova rede de centros de formación marítima. Foi durante a conferencia final do proxecto europeo Marleanet, no que a Fundación CETMAR vén de traballar xunto a institucións de Portugal, Francia e Irlanda co obxectivo de integrar a tódolos subsectores deste ámbito académico. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA CON 2 MILLÓNS DE EUROS A DINAMIZACI​ÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E AS PRAZAS DE ABASTOS DAS VILAS GALEGAS

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas a 52 CCAs e 24 mercados para a realización de actuacións que posibilitan un investimento conxunto próximo aos 3 millóns de euros
  • Apóiase a posta en marcha de sistemas de fidelización, proxectos de sinalización comercial ou campañas de promoción, así como o funcionamento das unidades xerenciais das entidades
  • As axudas enmárcanse no Plan Ágora, Agora Re-Comercia, centrado no impulso e protección ao comercio de proximidade, e serven para fomentar o asociacionismo entre o sector

Alberto Fabra apuesta por una Nueva Administra​ción en la que exista una colaboraci​ón entre lo público y lo privado

  La revista ejecutivos ha entregado esta noche en Valencia el galardón ejecutivo del año a Pedro López López, consejero delegado de Chocolates Valor, en un acto que ha sido presidido por Alberto Fabra, presidente de la Comunidad Valenciana Leer Más…

Vis a Vis con Leiva

  A Miguel (Leiva) le              conocimos en la grabación del vídeo promocional del nuevo              disco de Xoel López, “Atlántico”, en el              que hicimos una audición con él y otros amigos del artista              como Joaquín Reyes, Lourdes Hernández              (Russia Red), Julián López, Guillermo Galván (vetusta              morla) o Dani Mateo, y recogimos las              reacciones de esa primera escucha.  Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA LEVA A ARTESANÍA DE GALICIA Á FEIRA DE MILÁN “L’ARTIGIANO IN FIERA”

A través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a Consellería acompaña 12 obradoiros artesáns a unha nova edición de “L’artigiano in fiera” do 1 ao 9 de decembro en Milán

A internacionalización do produto artesán galego é unha das liñas de actuación de Economía e Industria para mellorar a presenza do sector nos mercados e potenciar as súas vendas

XXII SEMANA DE CINE SUBMARINO DE VIGO

La Gran Barrera de coral_del arrecife a la selva tropica0

A XXII edición da Semana Internacional de Cine Submarino continúa mañá  xoves, 29 de novembro no Centro Cultural Novacaixagalicia.

O ciclo continúa na súa segunda xornada coas proxeccións Pacífico Sur: un océano de volcanes e La gran barrera de coral: del arrecife a la selva tropical. A continuación, celebrarase un debate moderado por Jesús Souza Troncoso, decano da Facultade de Ciencias do Mar da  Universidade de Vigo.

 

A entrada ás proxeccións é libre.