BRAVO BOSCH MANTÉN UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CON ÁNGEL GONZÁLEZ BLANCO, NOVO COMISARIO PRINCIPAL DA POLICÍA NACIONAL DE VIGO-REDONDELA

  • descarga (2)A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo destacou o traballo e a colaboración prestada polo CNP no entorno da zona antiga.
  • Ángel González Blanco ven de tomar posesión como novo Comisario Principal do CNP de Vigo-Redondela o pasado 9 de novembro en substitución de Guillermo Sánchez.

Vigo, 30 de novembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional co novo Comisario Principal do Corpo Nacional de Policía de Vigo-Redondela, Ángel González Blanco, que ven de tomar posesión o pasado 9 de novembro en substitución de Guillermo Sánchez.

Bravo Bosch, que se trasladou ata as instalacións da nova Comisaría de López Mora para coñecer ao novo Comisario Principal, quixo agradecer o traballo e a colaboración prestada polo Corpo Nacional de Policía e, sobre todo, coma presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), pola labor que desenvolven no entorno do barrio antigo, tanto na Praza da Princesa coma na Praza da Constitución así coma nas rúas adxacentes onde nestes momentos o Consorcio está a desenvolver os seus proxectos de rehabilitación. “Nótase moito a súa presenza, que é de axuda, disuasoria e continua”, destacou a delegada da Xunta, quen matizou a importancia de que esta presenza policial “sexa constante” e un “proxecto de continuidade” polo ben dos novos veciños e veciñas que xa están a residir nos inmobles recuperados polo organismo no Casco Vello de Vigo.

Bravo Bosch explicou tamén que, co encontro mantido esta mañá, o seu obxectivo era coñecer de primeira man todas as novas e futuras vías de colaboración na área territorial de Vigo posto que o novo comisario principal está ao fronte da Comisaría de Vigo-Redondela, que da servizo a unha área de 109,06 quilómetros cadrados da cidade olívica, aos que hai que engadir os 52,08 de Redondela.

Pola súa banda, o novo Comisario Principal agradeceu a visita de Bravo Bosch e lembrou a súa intención de reforzar os vínculos coas institucións da cidade, amosando así todo o apoio do CNP ante as demandas da Delegación Territorial da Xunta “que leven a mellorar a seguridade cidadá e o benestar de todos os vigueses e viguesas”.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: