Concello de Vigo

 


O alcalde define a apertura do Centro de Inclusión como “un grito de solidarieadade en Vigo”

O Centro de Inclusión Social abrirá as súas portas de xeito oficial mañá sábado, unha realidade, explicou o rexedor, posta en marcha nun momento económico “difícil” que evidencia que “esta cidade está empeñada en que todos vigueses teñan a diginidade que se merecen”. Durante unha visita ás instalacións, apuntou que esta inauguración representa “un grito de solidariedade en Vigo”, engadindo que “son os recursos mellor gastados, porque son para os que máis o precisan”.

 

O Concello achega 136.000 euros á Federación de Veciños para a contratación de 21 persoas

Tras a celebración da Xunta de Goberno Local de hoxe venres, Abel Caballero explicou que o Concello aprobou o convenio coa Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (FAVEC) no marco do Plan Municipal de Emprego. Ata o momento, o goberno de Vigo ten xa comprometida a creación de 249 empregos.

 


Caballero anuncia a aprobación no 2012 de 2,9 millóns para o Servizo de Axuda no Fogar

O alcalde informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno Local dunha nova partida do Servizo de Axuda no Fogar, do que se benefician máis de 500 persoas dependentes ou en risco de exclusión social. Ata o momento, o Concello xa leva executados 2,5 millóns.

 

O Concello da luz verde ao desenvolvemento urbanístico de 140 vivendas en Tomás Alonso

Abel Caballero informou este venres do visto bo concedido por Urbanismo ao proxecto do ámbito de Esturáns, entre Tomás Alonso e a Praza da Industria, zona de 11.240 metros cadrados nas que se proxectan 140 vivendas, 57 de protección. O alcalde informou dunha nova sentencia favorable ao Concello sobre o PXOM.

 


O alcalde de Vigo apoia a loita do Grupo Imán no Día Mundial da Sida

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou no acto que hoxe venres organizou na Lonxa do Concello o Grupo Imán con motivo do día Mundial da Sida. Un ano máis, os membros deste colectivo, reúnenese para concienciar á sociedade da importancia de prevención na loita contra esta enfermidade.

 


O sábado nova edición de FEIRA no Casco Vello

Feira, o mercado de productos tradicionais galegos, volve o sábado 1 de decembro, na Praza da Pedra e as rúas Triunfo, Oliva e Palma, desde ás 12 horas ate ás 18.30h.

 


Nova exposición na sala da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

“O cadro colga da parede coma unha arma de caza ou un sombreiro” é a nova exposición que se pode visitar no Espazo EMAO do 30 de novembro de 2012 ate 18 de xaneiro de 2013. Trátase dun proxecto de Ania González coa colaboración de escoitar e Tayone.

 

Obradoiro de escrita creativa

 

Campaña “De Boa Man”

 

ITE das edificacións construídas entre 1970 e 1980

Ponse en coñecemento dos propietarios das edificacións construídas entre 1970 e 1980 que o 23 de novembro de 2012 se procedeu á publicación nos taboleiros de anuncios do Concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n – Vigo), e na páxina web do Concello (http://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo4.php), da listaxe das referencias catastrais correspondentes ás edificacións das que non consta a presentación do informe de ITE durante o ano 2011.

 


Aprobación inicial do “Plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía

 

Bando co gallo das festas do Nadal

 

Peche da rúa Baixada a Samil ao tráfico

 

Peche da rúa Brasil ao tráfico

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: