LOUZÁN E LUENGO POÑEN EN FUNCIONAMENTO O CENTRO CULTURAL DE O FREIXO TRALA EXECUCIÓN DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO

crecente

A Deputación acaba de investir 85.000 euros na mellora do illamento e calefacción da gardería pública; do peche perimetral do no colexio Manuel Sieiro, e na posta a punto do centro cultural

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Crecente, Julio César García Luengo,  puxeron hoxe en funcionamento o Centro Cultural de O Freixo que foi obxecto unha remodelación financiada integramente pola Deputación cun investimento de cerca de 40.000 euros.

As obras consistiron no remate exterior do edificio; na limpeza total dos muros; obras de reparación da cuberta; reposición de tellas e revisión xeral; Obras de remate interior: revestido con mortero dos parámetros verticais e horizontais; colocación de solado con plaquetas de gres; pintado interior; e vernizado da carpintería; Dotación de iluminación. Segundo informou o alcalde, tamén se dotou de estores o centro centro telemático e biblioteca.

Ademais desta actuación a Deputación ven de financiar outras moi necesarias, explicou Luengo, para o municipio. Por unha banda, acometeuse a substitución do antigo peche perimetral en 162 ml de maia soldada  no colexio Manuel Sieiro para garantir a seguridade dos nenos; evitar a perda de balóns, etc.

Por outro lado, realizouse unha intervención na Gardería Pública que ten actualmente 18 nenos. As obras consistiron na dotación de illamento térmico para o teito; reforzo da calefacción con máis radiadores, pintado dos chans exteriores con pintura antideslizante e colocación de lousetas de caucho; estores; mesa para a cociña; toldos para o exterior para facilitar a sombra en verán; e en definitiva para mellorar o confort destas instalacións. Todas estas actuacións sumadas á realizada no centro cultural suman 85.000 euros investidos pola Deputación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: