O PRESUPOSTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O 2013 SERÁ DE 148,5 MILLÓNS E AMORTIZARÁ DÉBEDA POR VALOR DE 15

dipoutacionpoonteO presuposto da Deputación de Pontevedra para 2013 será de 148,5 millóns, un 2,7% menos que o ano pasado que foi de 152,4 millóns. O vicepresidente José Manuel Figueroa informou hoxe en rolda de prensa que a institución provincial non acudirá a préstamos polo que non haberá incremento de débeda senón que o obxectivo da Deputación é ter <débeda cero> no horizonte do 2018 <pois este ano de 2013 amortizamos 15 millóns da débeda que a deixamos en 77 millóns>, dixo.

Figueroa sinalou que as contas da Deputación para o 2013 prevén un Plan de Emprego, dotado con 6 millóns de euros, para dar traballo a entre 700 e 800 personas.

Destacou que no 2013 a Deputación de Pontevedra destina á inversión 50 millóns de euros e que a institución provincial ven pagando as facturas a 20 días.

En canto a presupostos por capítulos, afirmou que Deportes contará con 3,5 millóns; Servizos Sociais 4 millóns sen contar a Cidade Infantil Príncipe Felipe; e Cultura 4,1 millóns, <manteremos partidas lixeiramente incrementadas nestes capítulos respectos a anos anteriores>, asegurou. Según Figueroa, este ano poñeránse en marcha iniciativas novedosas nestes eidos como poden ser a formación de directivos de clubes en xestión deportiva, a formación de monitores e outras similares.

En canto á integración dos Organismos Autónomos suprimidos na Deputación, dixo que suporá un aforro de 1 millón de euros e sinalou que o capítulo de personal, con 700 traballadores, suporá un gasto de 4,2 millóns.

<Manteremos, pois, unha potente axuda aos concellos para inversións produtivas, manteremos o gasto social e reduciremos débeda en 15 millóns: somos unha institución solvente, inversora, que apoia os servizos Sociais e incrementa a axuda aos concellos ao tempo que amortiza débeda>, resumiu.

Os presupostos da Deputación para o 2013 serán inicialmente aprobados o vindeiro 5 de decembro e con carácter definitivo o 28 do mesmo mes para estar operativos o 1 de xaneiro de 2013.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: