Archive | noviembre 2012

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR ELABORA A PRIMEIRA GUÍA DE SERVIZOS NÁUTICOS EDITADA POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA

  • Trátase dun exemplar de fácil manexo que recolle a información de contacto, ubicación, dotacións e servizos de cada dársena e unha referencia turística da súa contorna

Santiago, 30 de novembro de 2012.-  A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de elaborar a primeira guía de servizos náuticos do conxunto do litoral de Galicia, que edita a Comunidade Autónoma. A titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, presentou esta mañá a publicación gratuíta, que aglutina información dos 39 peiraos deportivos da comunidade, 27 xestionados pola Xunta a través de Portos de Galicia e 12 dependentes das Autoridades Portuarias do Estado e que se pode descargar dende hoxe en internet. Leer Más…

A XUNTA E OS CONCELLOS DE MOS, PORRIÑO, SALCEDA DE CASELAS E TUI DAN LUZ VERDE AOS ESTATUTOS DO NOVO CONSORCIO DO LOURO

  • O consorcio xestionará o ciclo completo da auga dos case 60.000 habitantes destas catro administracións municipais
  • O novo ente irá un paso máis alá da xestión da EDAR de Guillarei e encargarase de todo o saneamento e abastecemento, inspección, explotación de todas as instalacións de potabilización, depuración e bombeo do ámbito territorial
  • A sociedade configúrase como local, aínda que con participación autonómica, polo que a Xunta permanecerá para garantir a sostibilidade institucional e económica nos primeiros anos ata o seu autofinanciamento Leer Más…

Recollidos 67.000 litros de aceite usado en 18 concellos

aceiterecickadoO presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, explicou hoxe en rolda de prensa que, dende a posta en marcha do servizo de recollida de aceite de usos domésticos, en colaboración da institución provincial coa Asociación Española de Recollida e Tratamento de Aceites (AERTA), a mediados do 2009, foron recollidos 67.643 litros, evitándose dese xeito o seu verquido ás augas e a contaminación. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A FORMACIÓN EN CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS ENTRE OS PROFESIONAIS DO SECTOR DA EDIFICACIÓN

O Inega acollerá os próximos días 10 e 11 de decembro un curso sobre “Certificación Enerxética de Edificios Existentes”,

Desde o ano 2009, téñense formado máis de 3.000 técnicos especialistas en enerxética edificatoria, incentivándose, ademais,  a promoción de 24 edificios de alta eficiencia enerxética (clase A ou B)

As actuacións desenvolvidas no sector da edificación permiten obter, nestes momentos, un aforro económico anual superior aos 10 millóns de euros, evitando a emisión a atmosfera de preto de 41.000 toneladas CO2 por exercicio

Balneario de Mondariz, incluido en el top ten de los cien mejores resort y spas del Mundo

-Anteriormente, la villa termal ha sido destacado como Mejor Spa de España por Conde Nast Traveler, Mejor Balneario de España durante dos años consecutivos 2005-2006, Mejor Alojamiento de Galicia en 2007 y tercero en el ránking de Bussiness Traveler. Leer Más…

MOVEVIGO o programa cultura da Federación Veciñal festexa o Nadal.: Goza da Invernía.

• ¡Xa chega o Nadal! ¿E que se nos ocorre? Decoración da época, calendarios de
advento, preparar as panxoliñas, é hora de lembrar as nosas tradicións.
¡O Movemento Veciñal comeza os festexos de Nadal!

UNHA CITA CON MOITAS ACTIVIDADES

Este sábado, 1 de decembro, a Asociación Veciñal de Sárdoma (Pza. Miraflores 1),
celebrará a súa festa de Nadal con música tradicional a cargo dos seus grupos de Baile
Galego, o Grupo de Gaitas e o Grupo Trecolas, ademais, contará coa presenza do grupo de
Capoeira da Asociación de Rosalía de Castro da Salgueira, dende as 18 horas os
asistentes poderán disfrutar desta estupenda música acompañados dunha chocolatada a
cargo da asociación para todos os asistentes.

O domingo, 2 de decembro, a Asociación do Freixo (Valladares- Estrada San Xoán
264), celebrará tamén a súa festa de Nadal e contarán co Grupo de Teatro Escola de
Navia onde Pedro Madruga presentará a súa obra inspirada nos textos máis coñecidos de
Les Luthiers, “Quen é Madruga?”. Na Biblioteca ás 18 horas.

 

Xoán Curiel presenta “Magnético Zen” o mércores 5 no Porriño

descarga (3)   próximo mércores día 5 do segundo traballo discográfico de Xoán Curiel. Será no Bar Liceum, do Porriño ás 23:30 horas.

Concerto Coral en RUEIRO de NADAL 2012

descarga (2)  Concerto Coral de Santa Cecilia Nadal 2012

O PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA RECIBIU PRETO DE 278.000 VISITANTES NO QUE VAI DE ANO

ciesislasO número de pernoctas en zonas permitidas do parque durante estes últimos dez meses ascendeu a un total de 49.774: 35.718 nas Cíes e 14.056 en Ons

  • No parque a demanda de visitas guiadas vai en ascenso, rexistrándose 2.715 peticións de rutas ao longo do citado período
  • Un total de 75 centros educativos e máis de 500 alumnos participaron nas visitas ao parque
  • Leváronse a cabo seguimentos e monitorizacións de poboacións de cetáceos, londras, aves mariñas, coello do monte ou lagarto ocelado co fin de mellorar a conservación destas especies Leer Más…

Información CIG

A CIG convoca concentracións o martes 4 de decembro diante dos xulgados en contra da represión sindical

Vigo acolle a xuntanza do Secretariado da Unión Internacional dos Traballadores/as da Construción e da Madeira (UITBB)

Os medios interesados en entrevistar a calquera dos participantes nas xornadas poderán facelo enviando un correo a esta dirección especificando a persoa coa que queren contactar. Haberá representantes da India, Brasil, Australia, Chipre, Grecia e Portugal. As peticións pódense facer até o mesmo martes menos no caso do grego e do chipriota, que marchan o luns. Tamén teredes traductores á vosa disposición.

Luis Tosar visita a caravana da folga de fame

o actor Luis Tosar visitará mañá sábado os membros da CIG e CCOO en folga de fame. Tamén estarán os artistas gráficos Xosé Lois ‘O Carrabouxo’ e Pepe Carreiro. Será ás 11.30 horas diante da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Pola tarde será o vicepresidente da Deputación de Lugo o que se achegue até a cidade do Lérez para solidarizarse coa protesta ás 17.00 horas.

Traballadores/as de Securitas protestan diante da empresa en Vigo polo despedimento de 660 compañeiros/as, 40 deles en Galiza