Archive | diciembre 1, 2012

MEDIO AMBIENTE ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NOS SORTEOS DOS PERMISOS DE PESCA DE LAMPREA NO RÍO TEA PARA A TEMPADA 2013

  • imagesO período para solicitar participar no sorteo irá ata as 14.00 horas do vindeiro 12 de decembro, tal e como se recolle na orde que será publicada a vindeira semana
  • O sorteo para a adxudicación dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 11 de xaneiro de 2013 ás 11.00 horas
  • O período hábil de pesca será desde o 14 de xaneiro ata o 27 de abril. A pesca realizarase en días alternos. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns
  • A lamprea é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no cal se seguen utilizando procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies Leer Más…

A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE A INSTALACIÓN DUN PUNTO DE INFORMACIÓN DE PETRÓGLIFOS NO LUGAR DE OUTEIRO DOS LAMEIROS, NO CONCELLO DE BAIONA

  • A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de trasladar esta decisión á Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa

Santiago, 1 de decembro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Infraestruturas, informou favorablemente a instalación dun punto de información- musealización de petróglifos no lugar de Outeiro dos Lameiros- A Ramallosa- Santa Cristina da Ramallosa, no Concello de Baiona.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio vén de trasladar esta decisións á Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa. Trátase dunha caseta- punto de información de 16m2 e de 2,30 metros de altura.

Tal e como se sinala da resolución emitida pola Xunta esta edificación está vinculada a unha parcela cunha superficie de case 38.000 m2, que non pode ser dividida.

A Comunidade de Montes levou a cabo a construción e instalación desta caseta- punto informativo, ao mesmo tempo que se definiron camiños para peóns e muros para a colocación de paneis informativos.

 

Teatro RUEIRO en Bembrive

descarga (1)  Parroquia de Bembrive