A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE A INSTALACIÓN DUN PUNTO DE INFORMACIÓN DE PETRÓGLIFOS NO LUGAR DE OUTEIRO DOS LAMEIROS, NO CONCELLO DE BAIONA
- A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de trasladar esta decisión á Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa
Santiago, 1 de decembro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Infraestruturas, informou favorablemente a instalación dun punto de información- musealización de petróglifos no lugar de Outeiro dos Lameiros- A Ramallosa- Santa Cristina da Ramallosa, no Concello de Baiona.
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio vén de trasladar esta decisións á Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa. Trátase dunha caseta- punto de información de 16m2 e de 2,30 metros de altura.
Tal e como se sinala da resolución emitida pola Xunta esta edificación está vinculada a unha parcela cunha superficie de case 38.000 m2, que non pode ser dividida.
A Comunidade de Montes levou a cabo a construción e instalación desta caseta- punto informativo, ao mesmo tempo que se definiron camiños para peóns e muros para a colocación de paneis informativos.