MEDIO AMBIENTE ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NOS SORTEOS DOS PERMISOS DE PESCA DE LAMPREA NO RÍO TEA PARA A TEMPADA 2013

  • imagesO período para solicitar participar no sorteo irá ata as 14.00 horas do vindeiro 12 de decembro, tal e como se recolle na orde que será publicada a vindeira semana
  • O sorteo para a adxudicación dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 11 de xaneiro de 2013 ás 11.00 horas
  • O período hábil de pesca será desde o 14 de xaneiro ata o 27 de abril. A pesca realizarase en días alternos. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns
  • A lamprea é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no cal se seguen utilizando procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies

Santiago, 1 de decembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publicará a vindeira semana no DOG a orde pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea (na localidade pontevedresa de Ponteareas), e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2013.

O período para solicitar participar no sorteo irá desde mañá, por ser o día seguinte ao da publicación desta normativa, ata as 14.00 horas do 12 de decembro de 2012. Segundo consta na orde publicada hoxe, cada solicitude para o sorteo de pesca deberá estar cuberta por catro pescadores. De se comprobar que o nome dun pescador aparece reflectido en máis dunha solicitude, procederase á eliminación de dito pescador de todas as solicitudes nas que apareza, e darase un prazo de dez días aos restantes para cubrir o seu lugar cun novo pescador.

Para participar no sorteo as persoas interesadas deberán presentar unha solicitude dirixida ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra, no rexistro da Consellería, nos dos seus departamentos territoriais ou en calquera dos lugares previstos na lei do procedemento administrativo común. Así mesmo, poderanse obter as solicitudes na guía de procedementos da Xunta de Galicia na web http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos .

O sorteo para a adxudicación dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 11 de xaneiro de 2013 ás 11.00 horas. De acordo co número obtido no sorteo, cada pescador retirará un lote de permisos de 4ª categoría para toda a tempada logo do pagamento do prezo público que corresponda e presentación da licenza de pesca.

Os permisos serán persoais e intransferibles, polo que ningún pescador poderá facer uso doutro permiso que non fose o propio, nin pescar desde un posto distinto a aquel que figura no seu permiso. Xunto cos permisos entregaranse uns libros de rexistro de capturas, que deberán ser debidamente cubertos e deberán estar sempre á disposición da gardaría de Conservación da Natureza e deberán ser entregados no prazo e 15 días unha vez rematada a temporada de pesca. O cumprimento destes requisitos será indispensable para optar ao sorteo da próxima temporada.

Período, ámbito e modalidades de pesca

O período hábil de pesca será desde o 14 de xaneiro ata o 27 de abril. A pesca realizarase en días alternos, pescando os luns, mércores e venres desde as estacadas impares e os martes, xoves e sábados desde as pares. Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns.

A zona de pesca está comprendida entre a ponte do ferrocarril e a Praia da Moscadeira, cun número de 48 estacadas.

A lamprea é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no cal se seguen utilizando procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies.

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no Tea serán a estacada, fisga (1 por pescador) e luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira situada en voadizo sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente e cunha lonxitude máxima que non superará a metade do leito fluvial, apoiándose nun extremo na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación da augas baixo ela.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: