Comunicado Vitrasa

mail

Despois de case oito horas de reunión a empresa lamenta que o Comité de Empresa non decidira suspender ou aprazar a folga. Sen embargo, Vitrasa mantén a súa intención de seguir negociando nas próximas horas despois de que o mediador José María Casas de Ron os volvese a citar para mañá martes 4 de decembro ás 10.00 horas.   Aínda que non se chegaron a acordos concretos nesta xornada a empresa si que considera que houbo vontade negociadora para sentar as bases sobre aspectos fundamentais do convenio colectivo. 

Ambas partes reuníronse por espazo de cinco horas pola mañá, cun receso solicitado pola empresa, e case tres horas pola tarde, tempo que non foi suficiente para conseguir un aprazamento da folga indefinida por parte do Comité. Unha situación que Vitrasa lamenta dado que os principais prexudicados seguirán sendo os usuarios, pero por responsabilidade a empresa seguirá negociando para chegar canto antes a un acordo.  Vitrasa recorda que mañá volverán a estar activos os mesmos servizos mínimos que viñeron funcionando no día de hoxe e que se poden consultar na páxina web

http://www.vitrasa.es

servizo de atención ao viaxeiro 986 29 16 00 / 986 20 74 74.

Incidentes

En canto ao desenvolvemento da xornada de folga deste luns, hai que lamentar que se volveu a producir un acto vandálico que se saldou coa rotura de dúas lúas dun bus que realizaba servizos mínimos no rural, en concreto na zona de Valladares. A primeira hora da mañá, foi obxecto dun lanzamento de pedras que só provocaron danos materiais no vehículo, que nese momento circulaba sen pasaxeiros. Durante o resto do día non se produciron outros incidentes destacables, máis que os habituais retrasos nalgunhas liñas, polo que Vitrasa pide desculpas aos seus usuarios.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: