INAUGURACI​ÓN DA EXPO CABUXA-MEN​ELA

dossier-galego_page1_image1

MAÑÁ 4 DE DECEMBRO, INAUGURACIÓN DA

EXPOSICIÓN DE CABUXA E A FUNDACIÓN

MENELA

oCabuxa é un obradoiro de coiro que nesta oportunidade traballa

con Yoli e Luis, dous adultos con autismo.

oA mostra permanecerá no local ata o día 11 de decembro. 

Vigo, 3 de decembro de 2012

Detrás do Marco acollerá do 4 ao 11 de decembro a

exposición da nova colección de Cabuxa, que nesta oportunidade foi realizada

en colaboración coa Fundación Menela, dedicada a persoas con autismo. A

inauguración da exposición celebrarase mañá 4 de decembro ás 12:00 horas

e neste acto estarán presentes os artistas Yoli e Luís, que son os coautores da

colección.

Cabuxa é un obradoiro de creación de bolsos e accesorios de coiro que edita

os seus produtos coas ilustracións dunha pequena selección de artistas.  Nesta

oportunidade os deseñadores desta empresa apostaron por Yoli e Luís, dúas

persoas adultas con Trastornos do Espectro do Autismo, usuarios do centro

Castro Navás do que é titular a Fundación Menela. As súas obras, moi

impactantes pola forza das súas harmonías de coloridos e pola súa composición

e nivel de detalles, foron premiadas en varias exhibicións e certames.

Dende a Fundación Menela, explican que «apostamos pola creación,

imaxinación por compartir e emocionar ó público. Esta oportunidade que

CABUXA nos brinda, invita á unha reflexión sobre as posibilidades que ofrece o

arte para as persoas con autismo, facéndoas máis visibles e presentes no

mundo social e cultural».

É a terceira vez que Detrás do Marco colabora coa Fundación Menela. O

noso local está sensibilizado co traballo que este colectivo realiza a favor das

persoas con autismo, que teñen unha sensibilidade moi especial para o arte, e

por iso tendemos a man para este tipo de iniciativas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

One response to “INAUGURACI​ÓN DA EXPO CABUXA-MEN​ELA”

  1. Grant says :

    Informative article, exactly what I wanted
    to find.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: