GALICIA PECHOU O MES DE NOVEMBRO CUN TOTAL DE 276.536 DESEMPREGADOS

  • A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, cualificou este dato de negativo por rexistrarse un aumento do desemprego
  • Con todo, conseguiuse conter a evolución interanual do aumento do paro
  • O mes de novembro sempre rexistra incrementos do desemprego

Santiago, 4 de decembro de 2012.- Galicia pechou o mes de novembro cun total de 276.536 persoas desempregados. Isto supón un incremento de 8.724 persoas, o que supón en termos porcentuais un aumento do 3,26 por cento.

A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, cualificou hoxe este dato de negativo, dado que se produciu un incremento do desemprego. De feito, nos meses de novembro sempre se rexistran aumentos do paro en Galicia.

Con todo, o aumento do paro rexistrado este mes é inferior ao rexistrado na media dos últimos catro anos. Cabe destacar tamén que é un incremento menor ao rexistrado no mesmo mes do ano pasado.

Ademais, a responsable desta área autonómica fixo fincapé en que se conseguiu inverter a tendencia da evolución interanual. Este mes o dato interanual galego (+9,12%) é mellor que o do Estado (+11,02%).

Galicia é, en termos interanuais, a quinta comunidade onde menos sube o desemprego. En novembro de 2011, Galicia tiña unha interanual superior en 1,8 puntos á media do Estado; un ano despois, esta comunidade autónoma presenta unha evolución 1,9 puntos mellor que na media do Estado. Isto é, nun ano practicamente inverteuse a situación e conseguimos conter a interanual do paro.

Se se analizan os datos de desemprego en Galicia por sectores, obsérvase que o sector servizos é o que acumula unha maior subida (+ 5.872); seguido pola construción (+1.310); a industria (+678); o colectivo sen emprego anterior (+537); e a agricultura e a pesca (+327).

Por provincias, o desemprego incrementouse neste mes en todas elas. Onde máis subiu foi en Pontevedra (+3.388). A continuación sitúase A Coruña (+2.448); Lugo (+1.580); e Ourense (+1.308).

No mes de outubro rexistráronse en Galicia un total de 51.658 contratos, 17.882 contratos menos que no mes anterior; deste total, 4.537 foron indefinidos (8,78%) e 47.121 temporais (91,22%).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: