Concellería de Urbanismo de Vigo

Vigo,  5 de decembro de 2012.-

A policía local procedeu na tarde de hoxe a precintar novamente o local situado na Avenida de Ramón Nieto 367. En data 09/05/2012 a Xerencia de Urbanismo resolveu iniciar procedemento de restauración da legalidade urbanística polo exercicio da actividade de Sala de festas e actuacións en directo neste local sen dispoñer da licencia municipal preceptiva. Na citada resolución ordenábase o cese da actividade. O Xulgado do Contencioso administrativo de Vigo desestimou a solicitude da propiedade de suspender a orde de cese de actividade. A Policía Local comprobou que o local incumpría a orde de cese de actividade polo que se lle impuxeron multas coercitivas e se procedeu ao precinto do local.  O mesmo foi vulnerado e continuouse  exercendo  a  actividade.  Por  isto  o  Xulgado  de  Instrucción  nº  1  en  data 15/10/2012 condenou ao titular do local como autor dunha falta contra o orden público. Ante o grave risco que supón para a seguridade das persoas que un local de 1.350 m2, cunha  ocupación potencial  próxima  ás  2.000  persoas,  exerza  esta  actividade  sen  estar garantidas as preceptivas medidas de seguridade (de evacuación, incendios, etc), hoxe 5 de decembro a policía local procede novamente ao precinto do local e a impedir o exercicio da actividade.

Xerencia de Urbanismo

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: