O BNG comeza o estudo do borrador dos orzamentos municipais para 2013

Vigo, 5 de decembro de 2012.-Tras a celebración este mércores da comisión informativa dos orzamentos municipais para 2013, o portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, destacou que o Bloque comeza agora o estudo deste documento. “Unha vez que xa coñecemos o calendario, comezamos a análise do borrador e posteriormente faremos as valoracións pertinentes”, avanzou o nacionalista.

Santi Domínguez salientou que co traslado ás formacións políticas integrantes da corporación deste documento cúmprese a primeira condición “imprescindible para o BNG”. Asegurou que “agora queda o traballo de análise antes de facer calquer tipo de valoración”.

Lembrou que para o Bloque os eixos esenciais dos orzamentos municipais deben ser o fomento do emprego e os servizos sociais. “Tendo en conta os datos do desemprego que coñecemos mes a mes, que en Vigo afectan dramaticamente, esta é a única opción responsable”, salientou.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: