Archive | diciembre 6, 2012

CUATRO CENTROS VIGUESES FIRMAN CONVENIO COLABORACIÓN CON UNA EMPRESA MEXICANA

El objetivo es el de potenciar el intercambio de alumnos con universidades del país americano

Vigo, 5 de diciembre de 2012.- Denise Mettey,  representante de uno de los bufetes de abogados más importantes de México y coordinadora de multitud de actividades escolares en aquel país, acaba de firmar un convenio de colaboración con cuatro centros de formación vigueses, cuyo objetivo no es otro que el de potenciar el intercambio de alumnos de estos con distintas universidades mexicanas. Leer más…

Vitrasa- Metal -CIG

descarga (3)Un grupo de traballadores/as de Vitrasa perseguiron hoxe o alcalde de Vigo polas rúas da cidade para reclamar unha solución ao conflito laboral tras tres días de folga indefinida.

Comité e empresa seguen a negociar na Inspección de Traballo. A dirección tiña previsto entregarlles hoxe unha proposta aos representantes do cadro de persoal.

A CIG rexeita o convenio do Metal de Pontevedra que asinaron CCOO e UGT porque non garante o IPC e aumenta a flexibilidade

A XUNTA FOMENTA A CALIDADE DOS PRODUTOS GALEGOS DO MAR E DO AGRO NA FEIRA DE MOSTRAS DOS AUTÓNOMOS DE GALICIA

A Coruña, 5 de decembro de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar fomenta a calidade dos produtos galegos do mar e do agro na XIX edición de mostras dos Autónomos de Galicia, FEMAGA, que se celebra na Coruña dende hoxe ata o 9 de decembro. O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, visitou esta mañá a XIX edición deste evento e realizou un percorrido polos expositores das 17 empresas do mar e do agro presentes na feira.

A Consellería do Medio Rural e do Mar está presente neste evento cun stand de 126 metros cadrados que albergará as 14 empresas galegas do sector alimentario galego, a maioría delas relacionadas co mundo dos queixos, dos viños e das conservas e tamén algunha vinculada á actividade que desenvolven os Grupos de Acción Costeira en Galicia.

Femaga

A Feira dos Autónomos de Galicia é un escaparate de produtos e servizos e un punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores. É un evento destinado a ofrecer produtos ao consumidor final e a proxectar a imaxe de marca das diferentes empresas.

Na edición do ano pasado o certame contou con máis de 80.000 visitantes converténdoa deste xeito na feira galega multisectorial con máis visitantes no ano 2011.

 

Xoán Curiel presenta «Magnético Zen» este sábado día 8 en Teo

descarga (2)O cantor galego afincado en Teo, Xoán Curiel, presentará o seu segundo traballo discográfico ‘Magnético Zen’ o próximo día 8 de decembro no auditorio municipal teense da Ramallosa. Artista novo mais cunha amplísima traxectoria ás costas, recala desta volta na localidade coruñesa para pór música á crise económica e a outras realidades que nos abrasan.

Será ás 22:30 horas e con entrada de balde cando poidamos escoitar esta revista da actualidade musicada por Xoán Curiel. Pop en galego con influencias de world music, este é un disco cheo de imaxes que nos fala, de xeito cinematográfico, do noso mundo actual de crise e saturación informativa.

Xoán Curiel elaborou un discurso propio e crítico a través dunha lectura artística da actualidade con temáticas como o abuso de poder, a agresión ecolóxica, a manipulación da información, a crise económica mundial e a posibilidade do ser humano de coller de novo o seu poder persoal e transformar a súa realidade desde unha perspectiva fresca e optimista.

Será a primeira vez que poidamos escoitar os temas de ‘Magnético Zen’ en Teo. Este disco ten xirado xa por algunhas localidades galegas, do resto do Estado e tamén a nivel internacional tal e como explica o propio artista e foi recibido con grande aceptación “polo xeito de chegar a eles, as súas orixes e o seu lugar” no proxecto artístico de Xoán Curiel, indica.

 

Tapa de Outono

descarga (1)  descarga

Recordámosvos que ata o 15 de Decembro poderanse degustar as Tapas con Productos Típicos do Outono nos locais que indicamos no cartel.