OS USUARIOS DE CARNÉ XOVE OBTERÁN DESCONTOS EN 2013 PARA REALIZAR UNHA ESTADÍA DE FIN DE SEMANA NA ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS

  • Entre outras actividades, ademais dos descontos en 2.500 establecementos e outros espectáculos, en 2013 tamén se ofrecerán cursos formativos no eido do ocio e tempo libre dentro desta campaña
  • As entidades especializadas en ocio e tempo libre que queiran ofrecer as súas propostas para a programación do carné xove en 2013 aínda poden facelo
  • Actualmente, en Galicia hai 54.375 titulares do carné xove, que poden empregalo tanto en Galicia, como no resto de España ou na maioría de países europeo

Santiago, 7 de decembro de 2012.- Os usuarios galegos do carné xove disporán no ano 2013 de descontos en estadías de fin de semana na estación de esquí de Leitariegos. Esta é unha das propostas que xa está pechada para o próximo exercicio, aínda que a convocatoria para que as entidades especializadas  en actividades de ocio e tempo libre presenten as súas propostas segue aberta.

En concreto, esta oferta inclúe un fin de semana que inclúe o desprazamento en autocar desde Santiago, A Coruña, Ourense, ou Lugo; dous días de hotel en Ponferrada; aluguer do material; 2 horas de clase de esquí en grupo e forfait libre para o sábado e domingo. O prezo total son 170 euros.

Ademais desta proposta en materia de ocio e tempo e libre, tamén hai outra xa pechada para o próximo exercicio. En concreto, ofertaranse un total de 31 cursos formativos no eido do ocio e tempo libre, con prezos que varían entre os 42 e os 120 euros. Os cursos están divididos en especialidades de deportes de aventura; actividades de escea, dramatización e animación para menores, maiores e persoas con discapacidade.

As entidades especializadas en actividades de ocio e tempo libre poden seguir presentando as súas propostas para os usuarios do carné xove de cara ao próximo ano. Para participar nesta campaña, deben asinar un compromiso de adhesión, onde se estableza un desconto para os usuarios deste carné.

A maiores destas actividades de ocio e tempo libre, os usuarios de carné xove contan con descontos nunha ampla gama de servizos como transportes, espectáculos, compras, aloxamentos, ou actividades culturais.

Actualmente en Galicia hai 54.375 titulares do carné e máis de 2.500 establecementos adheridos en Galicia. Os beneficios do carné non se limitan só a Galicia, senón que tamén se poden obter no resto de España ou na maioría de países europeos. En concreto, a mocidade galega pode acceder a beneficios en 40 países europeos e nuns 100.000 establecementos de toda España.

 

Os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, ambos inclusive, interesados en obter este documento só teñen que cubrir un impreso de solicitudes, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte; pagar 6 euros mediante o impreso de taxa; e achegarse a calquera das oficinas expendedoras do carné xove: servizos de xuventude e voluntariado provinciais; oficinas locais de Ferrol e Pontevedra; o centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela; as oficinas municipais de información xuvenil; casas da xuventude e algunhas oficinas de Novagaliciabanco.

O carné ten unha vixencia de 2 anos a partir da data de expedición e inclúe un seguro gratuíto. Os posuídores de carné xove contan cun seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para poder facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

Ademais deste carné, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado tamén emite outro tipo de carnés como o de alberguista, estudante internacional ou o “teacher” para docentes.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: