Plan Municipal de Emprego 2012: Presentaci​ón á cidadanía dos servizos integrados no Plan de Acción Veciñal “Eduardo Chao”

mail  O Plan de acción Veciñal «Eduardo Chao» (P.A.V.E.C) é un proxecto da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao», levado a cabo coa financiación do Concello de Vigo para dar servizo ás Asociacións Veciñais Federadas e a toda aquela persoa que o precise, e que o solicite, a través de algunha das Asociacións integradas no plan de emprego á FAVEC. Na xuntanza de hoxe realizada ante os medios ás 12 horas desta mañá nas instalacións da Federación, a Presidenta María Pérez, expuxo con detemento cada uns dos servizos que abarca o proxecto xunto co calendario previsto e presentou a equipa de profesionais encargados do mesmo. Destaca o programa “O Vigo dos Barrios”, no que se realizarán distintas rutas culturais para coñecer mellor os nosos barrios, mediante visitas ás zonas próximas as asociacións e incluíndo visita aos museos, exposicións e monumentos de interese; a primeira saída programada terá lugar o vindeiro 20 de decembro ás 16.30 horas. Desde a Asociación Pontenova-Freixeiro. Ademais, a Presidenta fai fincapé en que se creará ás Asociacións que o soliciten unha páxina Web onde destaquen todas as súas actividades.  María Pérez, indicou que se están ultimando os detalles para a sinatura do convenio por parte do Concello de Vigo, agarda que non sufra contratempos e poda realizarse en breve.  O servizo, que xa está en marcha dende o pasado mes de novembro, está a ter unha gran acollida por parte das asociacións, que o valoran positivamente xa que está aumentar de maneira significativa a participación e ven en aumento o número de solicitudes, maioritariamente, do Servizo de Atención Social e Servizo de Axuda no Fogar. O proxecto pretende encher as vacantes existentes actualmente nas Asociacións, que tan necesarias son, e que por mor de non podelas sufragar carecen delas. Un grupo de 21 profesionais prestará servizos de atención, asesoramento, realización de acti

-Servizos a elixir:

Ámbito Administrativo:

Tramitación de Subvencións.

Asesoramento contable.

Xestión de soci@s.

Asesoramento Administrativo.

Publicacións mediante as redes sociais.

Outras canles de publicidade.

Atención ao público segundo as necesidades.

Actividades e mantemento a todas as Asociacións sen custo algún. Maís información na páxina da WEB

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: