A conselleir​a do Medio Rural e do Mar asistiu hoxe en Madrid aos consejos consultivo​s de Pesca e Agricultur​a

mailSantiago, 10 de decembro de 2012.- A Xunta traballará da man do Goberno Central para evitar a redución drástica nos TACs e cotas de especies clave para a frota española e, en particular para a frota galega, como a pescada do norte, o rape, o gallo, o bocarte e a cigala, nos que nalgúns casos a redución das posibilidades de pesca que propón a Comisión Europea é do 30%. Foi o que salientou hoxe en Madrid a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, trala celebración do Consejo Consultivo de Pesca.

A titular de Medio Rural e Mar amosou a súa preocupación pola drástica proposta de redución das posibilidades de pesca por parte da CE, pero insistiu que dende Galicia “se están facendo os deberes co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para tratar de modificar esta situación e concentrar os esforzos para que non saia adiante”.

Rosa Quintana fixo fincapé na súa preocupación pola redución das posibilidades de pesca da pescada do norte, unha das especies prioritarias para a frota galega. Neste sentido, sinalou que dende a Xunta “non entendemos por que a comisaria europea quere facer unha proposta para acadar o Rendemento Máximo Sostible desta especie no 2013”. Sobre todo, tendo en conta que no Consello de Ministros de Pesca celebrado en xuño en Luxemburgo se chegou a un acordo de flexibilización na consecución do RMS no que se establecía que se

se acadará no 2015 cando sexa posible e ao máis tardar no 2020.  A maiores, a conselleira do Medio Rural e do Mar sinalou que a pescada do norte está evolucionando moi ben e os datos de poboación son moi positivos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: