MEDIO AMBIENTE PUBLICA HOXE A ORDE POLA QUE SE ESTABLECEN AS ALTURAS MÁXIMAS DAS ÁREAS INDUSTRIAIS DO PORRIÑO

  • Esta modificación opera sobre a totalidade dos solos urbanos e urbanizables industriais do plan xeral vixente

Santiago, 10 de decembro de 2012.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se aproba a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Porriño para a harmonización das alturas máximas nas áreas e polígonos industriais.

Con esta normativa, todas as instalacións das áreas e polígonos industriais deste concello pontevedrés non poderán superar os 14 metros e, excepcionalmente, se admitirán alturas superiores nas construcións industriais das seguintes actividades: extracción, transformación e acabado do granito e rocas ornamentais; produción, transformación e almacenamento de compoñentes para a automoción mediante o uso de pontes, grúas e aparatos elevadores; e de metalurxia e galvanizados.

Esta excepción concederase previa xustificación técnica de que a altura da construción condiciona o proceso produtivo ou de transformación e resulta imprescindible para o funcionamento, produción e transformación das materias primas. En ningún caso, o aumento da altura dará lugar ao aumento de edificabilidade ou ocupación máxima da parcela.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Infraestruturas analizou o proxecto de modificación puntual, cuxa finalidade é a harmonización das alturas máximas autorizables nas áreas, polígonos e sectores de uso industrial do termo municipal de Porriño, axustando as mesmas a parámetros de altura concordantes coas necesidades resultantes dos requirimentos técnicos actuais.

Cómpre sinalar que a modificación opera sobre a totalidade dos solos urbanos e urbanizables industriais do PXOM vixente e foi aprobada provisionalmente polo Concello en Pleno na sesión de 27 de agosto de 2012.

Na actualidade, o concello do Porriño dispón dun Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 26 de xuño de 2003, ao abeiro da Lei 1/1997, do 24 de marzo do Solo de Galicia.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: