Plataforma Tecnolóxica Turistica Intelixente.

diputacionpontevedra A Deputación de Pontevedra asinou hoxe un convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI) do Ministerio de Industria para desenvolver o proxecto «Smart Destinations Pontevedra: Modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio».

O proxecto consistirá na posta en marcha de iniciativas de I+D+i en pequenas e medianas empresas para mellorar a súa  su competitividade. Tén como obxectivo canalizar a oferta e a demanda de servizos, cunha oferta personalizada de forma intelixente en función do visitante, e a implantación dun proxecto de colaboración entre empresas e institucións do sector turístico onde se favoreza a interrelación de todos os axentes, a creación dunha plataforma integrada intelixente de servizos turísticos e a implantación de ferramentas de comunicación que xestionen a información de forma áxil.

Inversión e resultados

O orzamento do proxecto é de 2,5 millóns de euros: 500.000 aportados pola Deputación e o resto pola EOI con cargo ó Programa RISC, que conta con financiación do Fondo Europeo de Desarrollo Rexional e do Ministerio de Industria.

O proxecto terá como resultado a creación dunha ferramenta avanzada de Xeoreferenciación e consulta de información turística; o Turismo personalizado e fidelización de clientes; a creación de Puntos verdes de información turística, dunha Interfaz de actualización de información; dunha Plataforma para a integración de información contextual do entorno e dunha ferramenta avanzada de elaboración de rutas turísticas, así como dunha Interfaz de xestión de bitácora

Adaptado ás necesidades concretas de cada empresa

A Plataforma transformará o Turismo 1.0 actual noutro que incluirá a interacción cos usuarios (2.0) e con información en tempo real relacionada (3.0). E centralizará e xestionará toda a información turística dende un único punto de entrada proporcionando ao visitante tanto puntos físicos de información como novos canais  virtuais.

No acto de sinatura do convenio e de encontro con 300 profesionais do sector das Rias Baixas, Fernando Bayón, presidente do EOI, explicou  que hoxe o sector está en proceso de cambio <o 98% das empresas son Pymes e, delas, o 70% empresas familiares>, dixo. Para él, as Novas Tecnoloxías son fundamentais para un mercado globalizado no que, por primeira vez na historia, a distancia perdeu protagonismo. Por eso, según dixo, é preciso desestacionalizar a oferta algo que non é posible só cunha oferta de proximidade.

<Smart Destinations Pontevedra é a integración das TIC co territorio e coas empresas que ofertan produtos e servizos, algo que xenera unha oportunidade ao destino para facelo intelixente>, resumeu.

O proxecto adaptaráse ás necesidades concretas das empresas e estará operativo o vindeiro mes de xuño. Ata entón, a Deputación e o EOI ofrecerán asesoría personalizada aos hoteleiros para aprender a manexar a Plataforma tecnolóxica turística intelixente e dinamizarán o proceso de cambio de usos co obxetivo da inmediatez.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: