A comisión permanente da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra celebra a absolución dos tres sindicalistas condenados en primeira instancia por defender os dereitos d@s traballador@s.
Comunicado
En Pontevedra a 10 de decembro de 2012
En apoio dos loitadores pola liberdade e a igualdade social, Carlos Alján, Carlos Búa e Marcos Cadórniga.
A comisión permanente da Xunta de Persoal Docente da provincia de Pontevedra celebra a absolución dos tres sindicalistas condenados en primeira instancia por defender os dereitos d@s traballador@s.
A permanente da XPD-Pontevedra manifesta a súa satisafacción pola sentenza absolutoria, emitida pola Audiencia Provincial, dos tres sindicalistas que foran condenados a 3 anos de cárcere por participar nun piquete informativo na folga do comercio de alimentación de 2009.
Esta sentenza corrixe unha anterior claramente inxusta e ideolóxica que semellaba un aviso para @s traballador@s que se mobilizan contra as políticas de recortes laborais e sociais que promove o goberno do Partido Popular.
Nun momento de ofensiva xeral contra as conquistas históricas das clases traballadoras alégranos poder celebrar unha victoria da liberdade e a democracia.
Asinan este comunicado as organización sindicais integradas na XPD da provincia de Pontevedra CIG-ensino, Fete-UGT, CCOO e STEG que suman 40 representantes dun total de 43 (93%).
Asdo.
Xabier Pérez Davila
Presidente da XPD-Pontevedra