A XUNTA ATENDE AS DEMANDAS VECIÑAIS DA PARROQUIA DE CORUXO CON MELLORAS NA SEGURIDADE VIARIA DA AVENIDA RICARDO MELLA
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta tarde a zona para comprobar a execución dos traballos acometidos.
- A actuación pasou pola mellora da accesibilidade en varios puntos quilométricos da vía así coma a instalación semafórica na confluencia co camiño Moláns e Río.
Vigo, 10 de decembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta tarde unha visita á parroquia de Coruxo para comprobar o estado de execución dos traballos de mellora da seguridade viaria que se realizaron en varios puntos quilométricos da Avenida Ricardo Mella tras as demandas que os propios veciños e veciñas da zona lle trasladaron hai uns meses á delegada.
Acompañada por membros da Asociación Veciñal de Coruxo, Bravo Bosch supervisou a instalación semafórica colocada na confluencia da Avenida Ricardo Mella cos camiños Moláns e Río e que viu a mellorar o tránsito peonil e rodado da zona. Ademais, outras peticións dos veciños pasaban pola mellora da accesibilidade á zona industrial para vehículos pesados así coma ás zonas de aparcamento nas proximidades no centro da Asociación de Veciños. Nestes casos, a solución viu adoptada pola colocación de “tacos” en varios puntos da vía para permitir os xiros e mellorar os accesos. O investimento foi superior aos 16.000 euros.
Deste modo, e coma destacou Bravo Bosch, logrouse un dobre obxectivo tendo en conta as demandas veciñais e mellorando a seguridade viaria nunha zona de Coruxo cun importante tránsito peonil e rodado.