A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN DA AAVV FONTE DO GALO ATA O MES DE XANEIRO

  • descarga (3)
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, coñeceu esta mañá a mostra, que xorde do obradoiro de pintura organizado polo colectivo e no que participaron 34 alumnos e alumnas de todas as idades, ata os 80 anos.

 

Vigo, 12 de decembro de 2012.- A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá ata o vindeiro 8 de xaneiro unha exposición de pintura da Asociación de Veciños Fonte do Galo. Baixo o título Temática variada e tecnoloxías mixtas, a mostra xorde do obradoiro de pintura que organiza a AAVV, un colectivo que se fundou no ano 1986 e leva xa máis de 26 anos defendendo os intereses dos veciños do centro da cidade.

A exposición está composta por un total de 35 cadros, obras de temática diversa xa polos motivos, xa polo tipo de pintura e técnica que se utiliza, sobre todo acrílico e óleo sobre lienzo, e que foron realizados por 34 alumnos e alumnas de todas as idades, dende os 14 anos –a máis xoven-, ata os máis maiores, con xa 80 anos.

 

Acompañada por membros da AAVV e con visitantes que se achegaron ata o edificio da Xunta, Bravo Bosch destacou así a participación e o interese do colectivo polo mundo da arte e da cultura, e tamén do esforzo e da ilusión da entidade e, sobre todo, deDurán Ferro, o profesor de debuxo e pintura que intenta facer esta actividade moito máis creativa e que explicou á delegada a técnica utilizada en cada cadro.

 

Esta exposición súmase así ás múltiples mostras de artistas e colectivos culturais –a última do pintor Cidoiro- que xa se realizaron na planta baixa do edificio administrativo do Goberno galego, e que xa chegaron a dez, así coma aos cursos e xornadas que se desenvolven no salón de actos ou a organización de actividades culturais e mesas solidarias coma as de DOA ou a AECC, entre outras. Sempre co obxectivo de abrir o edificio administrativo á participación dos cidadáns.

 

Ademais, a partires de agora, ofrecémoslle a todos os colectivos e asociacións parroquiais da cidade as instalacións da Delegación Territorial –o salón de actos e a zona de exposicións- para que acheguen as súas actividades culturais e sociais a todos os cidadáns co obxectivo de que transcendan máis alá do seu propio ámbito parroquial e todos os vigueses e viguesas poidan coñecelas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: