MEDIO RURAL E MAR SALIENTA A IMPORTANCIA QUE A COMERCIALIZACIÓN TEN PARA UNHA CORRECTA XESTIÓN DOS RECURSOS PESQUEIROS

  • Esta xornada ten como obxecto afondar nos aspectos de trazabilidade, transporte, normativa e promoción co fin de buscar solucións conxuntas a estas problemáticas

 

A Guarda (Pontevedra), 12 de decembro de 2012.- O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, foi o encargado de presentar a xornada de mellora da comercialización da angula e da lamprea do río Miño, na que salientou a importancia que ten a comercialización para unha correcta xestión dos recursos pesqueiros. Boa proba diso son os recursos humanos e económicos que a Xunta inviste en tratar de concienciar aos consumidores da importancia que ten o respecto aos recursos pesqueiros, por medio de campañas de promoción e concienciación.

Esta xornada, organizada pola Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración coa Comandancia Naval do Río Miño e a Confraría da Pescadores de A Guarda, ten como obxecto afondar nos aspectos de trazabilidade, transporte, normativa e promoción co fin de buscar solucións conxuntas a estas problemáticas.

 

En relación a isto, a Comunidade autónoma fixo un enorme esforzo en modernizar as lonxas, implementando sistemas que faciliten aos produtores e comercializadores unha xestión eficiente da trazabilidade dos seus produtos. O secretario xeral destacou que é precisamente a trazabilidade a columna vertebral na que se asenta a seguridade alimentaria, a calidade e a toma de datos necesaria para unha correcta xestión dos recursos pesqueiros.

 

Para iso, Galicia conta cun sistema electrónico punteiro que permite a captación, xestión e transmisión de todos os datos que a regulamentación comunitaria esixe, o que está a aportar unha importante e competitiva ferramenta de traballo aos produtores e comercializadores galegos.

 

PescadeRías

O secretario xeral de Mar tamén explicou que é importante o papel que xoga a marca de calidade de produtos da pesca artesanal, “PescadeRías ¿de onde senón?” como ferramenta de diferenciación, pois permite identificar os peixes e mariscos procedentes da flota artesanal galega. Este selo ofrece unha garantía de frescura e calidade, de respecto ao medio ambiente e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación axeitadas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: