Presentación LIBRO: “Repartindo a nosa riqueza. Estudo viabilidade da Renda Básica en Gz»

descarga (2)“REPARTINDO A NOSA RIQUEZA.
Estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza”

Venres 14 de decembro ás 12h00 na Libraría Couceiro
Praza de Cervantes, 6 (Santiago de Compostela)

Oficina de Dereitos Sociais de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social) convocamos aos medios de comunicación para dar a coñecer os resultados do estudo “Repartindo a nosa riqueza”, que aborda a viabilidade económica e política da implementación da proposta da Renda Básica das iguais (RBis) en Galiza.

A Renda Básica das Iguais en Galiza (RBisG) consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades. Tratase dun dereito que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

A RbisG é un instrumento que ten dous obxectivos: a curto prazo, redistribuír as rendas dos que máis teñen nesta sociedade para aquelas persoas que máis as necesitan; un segundo, de longo prazo, é o de transformar o sistema desde parámetros de equidade e xustiza social.

Segundo o último informe da Rede Europea contra a Pobreza (EAPN), 23,7% da poboación galega, un total de 662.515 persoas, atopábanse en situación de pobreza o exclusión social no 2011, 65.386 delas en condicións de “privación material severa”

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: