UN TOTAL DE 2.500 PERSOAS MAIORES REALIZAN CADA ANO ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE NO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BOUZAS

  • descarga (4) A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro coa súa directora para comprobar tamén o inicio do novo curso no centro social, que ofrece actividades de axilidade mental, Ioga, Pilates, Taichi,  ocio ecolóxico, taller literario, Informática, Internet ou redes sociais, entre outras.

Vigo, 12 de decembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o Centro Sociocomunitario de Bouzas, onde mantivo un encontro coa súa directora, Inés Jiménez, e puido comprobar o inicio do novo curso de actividades de lecer e tempo libre que un ano máis se poñen en marcha nos Centros Sociocomunitarios dependentes da Consellería de Traballo e Benestar da cidade olívica.

O Centro Sociocomunitario de Bouzas é un dos centros sociais con maior número de usuarios e usuarias de Vigo, ofrecendo actividades de lecer e tempo libre a un total de 2.500 maiores vigueses. Conta así cunha media de usuarios diaria superior ás 500 persoas e ten unha variada programación de actividades cun carácter multidisciplinar desenvolvendo así unha importante labor social para o seu día a día. A súa finalidade é mellorar a calidade de vida dos usuarios mediante a promoción sociocultural das persoas e, a día de hoxe, é un importante lugar de encontro interxeneracional e de comunicación.

Para este curso 2012/2013 en Bouzas están previstas as seguintes actividades: bolillos, axilidade mental, lectoescritura, ocio ecolóxico, taller literario, pintura, xadrez, teatro, Ioga, Pilates, Taichi, Iniciación a Informática, Internet ou redes sociais, entre outras. A maioría destas actividades son gratuitas e o centro está aberto de luns a venres, de 9 a 21:00 horas, abrindo os domingos o servizo de cafetaría. A maioría dos usuarios que acoden a este centro teñen entre 55 e 85 anos.

Os Centros Sociocomunitarios son lugares de encontro nos que se promove a convivencia das persoas, fundamentalmente maiores, co obxecto de potenciar a solidariedade e a integración persoal e comunitaria. O obxectivo final que busca a Xunta de Galicia a través das distintas actividades e servizos que se ofrecen nos Centros Sociocomunitarios é conseguir unha participación activa na comunidade dos cidadáns en xeral e das persoas maiores en particular, a prevención da dependencia e que as persoas maiores teñan un lugar para reunirse propiciando a integración social no grupo e que os usuarios e usuarias participen nas actividades e se relacionen activamente promovendo tamén actividades de voluntariado, ocio ou excursións.

Na cidade olívica, a Administración autonómica xestiona 6 centros sociais, ubicados en Vigo-centro (Pi y Margall), Calvario, Coia, Bouzas, Teis e Rivera Atienza, e polos que, ao ano, pasan máis de 13.000 usuarios e usuarias. Trátase de persoas maiores que acoden a diario a estes centros a realizar múltiples actividades de lecer e tempo libre, pero tamén actividades formativas e didácticas e, incluso, de benestar físico e mental.

Hai que destacar tamén que, pouco a pouco, estes centros sociais abren as súas instalacións a xente máis xoven e que, o número total de usuarios e usuarias que utilizan estas dependencias é maior xa que moitas das persoas que acoden aos centros o fan para utilizar a sala de lectura, a biblioteca, ou a cafetería, entre outros.

En total, a Consellería de Traballo e Benestar xestiona 17 Centros Sociocomunitarios en toda a provincia. Ademais dos 6 de Vigo, o resto atópanse en Cangas, Porriño, Baiona, Redondela, Pontevedra, Tui, Vilagarcía e Vilaxoán ademais da Casa do Mar de Cambados, Marín e A Estrada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: