Vitrasa -. Vigo

– O Director Xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, valorou está
maña moi positivamente o preacordo acadado hoxe entre o Comité e a empresa “trátase dun
acordo satisfactorio para ambas partes e estou especialmente satisfeito polos nosos usuarios
que volven a recuperar a normalidade no servizo”.
Despois de 12 xornadas, a folga desconvocarase ás 00.00 deste xoves 13 reanudándose cos
servizos habituais e pondo en marcha a esa hora o servizo especial para recoller aos
afeccionados tras o partido que terá lugar no Estadio de Balaídos entre o Real Club Celta de
Vigo e o Real Madrid.
Juan Carlos Villarino agradeceu a importante labor dos mediadores “porque souberon
encontrar os puntos de acordo na negociación do convenio”, ao Comité de Empresa “pola súa
responsabilidade no intento de aproximar as posturas”, ao Alcalde de Vigo e Concelleiro de
Mobilidade “pola súa paciencia” e especialmente aos cidadáns de Vigo. “Os nosos usuarios
tiveron que sufrir o mal servizo que se ofreceu durante os días da folga polo que agradecemos
a súa comprensión e lamentamos as molestias ocasionadas unha vez máis”, sinalou o Director
Xeral de Vitrasa.
O acordo recolle as principais demandas a nivel social que reclamaban os traballadores en
materia de descansos, vacacións ou horario de traballo, entre outros, e que permitirán unha
mellor conciliación da vida laboral e familiar.
O próximo paso será a redacción do texto do convenio, que terá unha validez de dous anos
2012-2013, e que se firmará nos vindeiros días.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: