Archivo | diciembre 13, 2012

BENESTAR PARTICIPA NUNHA ASAMBLEA ESTATAL DIRIXIDA A DINAMIZAR OS ALBERGUES XUVENÍS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, apoiou a iniciativa da Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) de fortalecer unha rede que conta con 258 albergues xuvenís e máis de 70.000 usuarios
  • Estas accións terán como obxectivo aumentar en tres anos un 4 por cento o número de carnés expedidos, incrementar nun 3,5 por cento o número de pernoctacións nos establecementos da rede e acadar xa este ano o equilibrio orzamentario do REAJ
  • En Galicia, están adheridos ao REAJ os albergues de Gandarío (Bergondo) LUG II (Lugo), Altamar (Pontevedra), Florentino López Cuevilla (Ourense), As Corcerizas (Vilar de Barrio, Ourense), Os Biocos (San Xoán de Río, Ourense), Equal (Coles, Ourense) e Monte do Gozo en Santiago. Leer Más…

O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA MANIFESTA O SEU COMPROMISO CO SECTOR COMERCIAL COMO DINAMIZADOR DA ECONOMÍA GALEGA

  • Francisco Conde mantivo un primeiro encontro cos integrantes do Consello Galego de Comercio no que manifestou a seu interese por escoitar as necesidades dun sector de gran relevancia para Galicia
  • Conde destacou que Galicia mantense como unha das tres comunidades que máis esforzo investidor fai en materia de comercio
  • Amosou a súa intención de reforzar ás liñas iniciadas na pasada lexislatura co fin de modernizar o comercio e mellorar a súa competitividade

 

MATO INICIA UNHA ROLDA DE CONTACTOS COS AXENTES SOCIAIS NESTA NOVA LEXISLATURA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza cos secretarios xerais de CC.OO Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e de UGT Galicia, José Antonio Gómez
  • A titular de Traballo destacou que a mellora da empregabilidade e a inclusión social forman parte das prioridades do Goberno galego
  • Lembrou que a Xunta asinou na lexislatura pasada un total de 29 acordos no seo do Diálogo Social

 

Santiago, 12 de decembro de 2012.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe a primeira reunión cos axentes sociais de Galicia nesta nova lexislatura para seguir traballando en consenso e avanzar na busca de actuacións conxuntas para facer fronte á actual conxuntura económica.

A titular do departamento autonómico recibiu hoxe en Santiago aos secretarios xerais de CC.OO Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e de UGT Galicia, José Antonio Gómez. A rolda de contactos seguirá as próximas semanas co resto de sindicatos maioritarios e a Confederación Empresarial de Galicia (CEG), coa que se reunirá o venres.

Mato destacou que a mellora da empregabilidade e a inclusión social forman parte das prioridades do Goberno galego e, por iso, afirmou que ten a intención de contar con todos os axentes sociais “para acadar o mellor camiño para superar a situación actual”.

A conselleira sinalou, así mesmo, que “o compromiso conxunto por traballar por unha Galicia mellor e reforzada para a saída desta crise” demóstrase no consenso acadado no seo do Diálogo Social. Neste senso, lembrou que na pasada lexislatura acadáronse 29 acordos en todas as áreas, tanto en emprego, economía e no eido do social. “A maioría destes actuacións xa están executados e o resto estanse a desenvolver”, apuntou Mato.

Os 29 acordos alcanzados son unha mostra, segundo asegurou a titular de Traballo, de que “Galicia aposta polo consenso e de que o Diálogo Social na nosa Comunidade autónoma está vivo”. Mato lembrou que estes acordos son froito “do esforzo e do traballo” realizado desde que se constituíu o Diálogo Social.

En definitiva, a conselleira de Traballo e Benestar destacou que desde a Xunta de Galicia estase a cumprir cos compromisos asinados no seo do Diálogo Social. Os últimos acordos asináronse en xaneiro deste ano e nos mesmos establecéronse programas que se están a desenvolver na actualidade, como son Emporfor e Forcon, dúas iniciativas dirixidas á mellora da empregabilidade e a contratación de mozos e mozas e de persoas desempregadas de longa duración.

 

O BNG leva ao Parlamento español as deficiencias no balizamento do ferry

“O BNG asegura que existe preocupación no sector pola falta de seguridade que está a provocar acidentes entre os pescadotes do río Miño”

 

A Guarda, 12 decembro 12. A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa no Parlamento español sobre o deterioro do balizamento na canle do ferry A Guarda-Caminha que volveu provocar un novo accidente o pasado mes de novembro.

A deputada nacionalista advertiu ao Goberno español que o deficiente estado de balizamento xa foi denunciado polo BNG ante o accidente ocorrido hai apenas dous anos. Asemade, a propia Comandancia Naval do Miño recoñece esta preocupante situación en resposta aos requerimentos que o BNG realizou por escrito.

Ante a preocupante falta de seguridade no tramo da canle do ferry, que xa leva provocado dous accidentes graves, o BNG solicita unha maior dilixencia para resolver esta situación que está afectando á seguridade e integridade físicas dos pescadores do ría Miño.

Asemade, dende o BNG quere que se aclare o papel da Comandancia Naval do Miño na Comisión Permanente Internacional do río Miño -dado que preside a delegación española nesta comisión- para mellorar a sinalización e o deterioro do balizamento da canle do ferry A Guarda-Caminha.

Para o BNG o abandono por parte das Administración española deste tramo ro río Miño é un paso máis cara “un anunciado fin” do servizo do ferry A Guarda-Caminha que pode acabar por ter un alto custe en vidas humanas se non se lle pon remedio.

PREVIO CAM RALI FESTIVAL | Vigo, 12 de diciembre de 2012 Alberto y Ramiro Giadás regresan a Portugal

descarga

Tal y como habían hecho el año pasado por estas mismas fechas, los hermanos Alberto y Ramiro Giadás se desplazarán el próximo domingo a participar en la tercera edición del CAM Rali Festival, una prueba que se disputa en las instalaciones del Circuito Vasco Sameiro de Braga y en su Kartódromo anexo. De hecho se trata de un rali en el que se dan dos vueltas al circuito y una al kartódromo, realizando dos pasadas en cada sentido para completar 28 km cronometrados.

La cita ha generado mucha expectación entre los pilotos españoles, que se desplazarán a competir en un número muy importante, pues además se ha convocado por parte del Automóvel Clube do Minho, entidad organizadora, la 1ª Copa de Ralis de Invierno, cuya segunda y última cita será el próximo mes de enero en este mismo recinto, por lo que se hará una clasificación conjunta con los resultados de las dos pruebas. Alberto Giadás quiere que este rali sea “un nuevo test para comprobar que el funcionamiento del Subaru Impreza WRX STi es el correcto, por lo que intentaremos que las mejoras introducidas sean positivas de cara a obtener una buena clasificación en la general y optar a ganar nuestra categoría”.