Progresa na Cociña “en tempos de crise” – Vigo

clip_image002

Dende o Mercado do Progreso queremos dar a coñecer un novo proxecto que puxemos en marcha o día 1 de Decembro, coincidindo coa celebración da VIII edición do Soho.

Mecánica da Actividade

 

Os luns de tódalas semanas

Os luns exporáse no Mercado un menú semanal composto dun primeiro prato, un segundo e un postre. No menú semanal  estarán detallados os ingredientes dos diferentes pratos, a preparación dos mesmos, e as principais propiedades dos produtos suxeridos cada semana.

Ademáis, regalaremos as fichas cos diferentes menús semanais, así, os  que  queiran, poderán coleccionar e dispor ao final do proxecto dun receitario de pratos saudables. 

Venres de tódalas semanas

Os venres  prepararase en vivo (de 11:00 a 13:00) no noso Mercado o menú de cada semana. Deste xeito, os interesados poderán comprobar de primeira man como elaborar cada un dos pratos, preguntar as súas dúbidas, e plantexar as diferentes variantes que se poden facer. Remataremos a actividade degustando o resultado do menú entre os asistentes.

Novidade no Mercado

Por último, comentar que teremos a un nutricionista ao frente desta actividade, o cal, tamén ofrecerá a posibilidade de, un día á semana, estar a disposición da xente interesada para unha consulta personalizada nun posto habilitado para tal efecto no mercado.

Esta semana temos o seguinte menú:

  • Primeiro Prato : Pisto galego
  • Segundo Prato: Dourada ás herbas aromáticas
  • Postre: Mousse de limón á menta

Acércate ao noso mercado e degusta con nós o noso menú semanal.

¡Que máis se pode pedir…! Xa non temos escusa para non coidar da nosa saúde e do noso peto ao mesmo tempo.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: