Concello de Vigo

 


Caballero anuncia a creación dun observatorio turístico ao amparo do Plan de Emprego Municipal

O alcalde de Vigo asinou esta mañá sendos convenios de colaboración laboral, un con Ahosvi (Asociación de Hostelería de Vigo) e outro con Atra (Asociación de Empresarios de Talleres de Reparación de Pontevedra) por un valor de 30.900 e 37.950 euros euros, respectivamente cos que se contratrá a un total de 6 traballadores. Tal e como explicou o acordo con Ahosvi permitirá a posta en marcha dun observatorio turístico para facilitar datos fiables ao sector.

 


O alcalde visita as obras de remodelación de Balaídos, as primeiras desde o ano 1982

Abel Caballero e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, achegáronse hoxe venres ao Estadio de Balaídos para coñecer as obras de remodelación que se están a acometer nas instalacións e que van a converter Balaídos «nun estadio do século XXI». Acompañados polo presidente do club, Carlos Mouriño, o alcalde percorreu o estadio e puxo en valor «un traballo de mantemento que non se facía desde o ano 1982. Felicitou ao Celta «quen sabe que ten todo o apoio que o Concello poida dar». Tamén se amosou partidario de incluir o Museo do Celta dentro da rede museística da cidade.

 


O Concello instalará xogos e mobiliario en 42 centros públicos de infantil e primaria

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pasou este venres revisión -xunto aos directores e responsables dos centros- aos novos xogos infantis adquiridos polo Concello de Vigo que serán instalados ao longo da próxima semana en 42 colexios públicos de infantil e primaria da nosa cidade. Neste acto, tamén estiveron presentes a concelleira de Educación, Raquel Díaz, e a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva.

 

Urbanismo aproba os plans urbanísticos de Raviso e Esturáns que amosan a «boa marcha» do PXOM

Abel Caballero apuntou que o Goberno municipal deu luz verde aos proxectos de urbanización de Esturáns e de Raviso, unha proba, dixo, «da boa marcha» do desenvolvemento do Plan Xeral na cidade.

 


O rexedor inaugurou a primeira edición da feira CarOulet Vigo no Ifevi

O alcalde celebrou esta tarde no Ifevi o importante número de expositores que formar parte da primeira edición da feira CarOulet Vigo, que comezou hoxe e remtará o domingo 16. Durante o percorrido, os participantes trasladaron o rexedor a súa confianza en que este evento lles permita recuperar ventas.

 

A Concellería de Igualdade dá a coñecer a programación de charlas que terán lugar na Casa das Mulleres durante a semana do 17 ao 21 de decembro

 


Inaguración da sinalizacións do roteiro en feminino ‘Sons de Mulleres’

O sábado 15 de decembro ás 12:00 h. realizarase a inauguración das sinalizacións do roteiro «Sons de mulleres», proxecto de Mulheres Nacionalistas Galegas que conta co apoio e colaboración da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo e que foi concibido como o I Roteiro en Feminino de Vigo co obxectivo de visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo. Leva por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas.»mesmo. Este acto terá lugar no punto nº 14 no espazo contra a Violencia de Xénero {situado na rua Ronda de Don Bosco, ao lado do Marco}.

 


Inauguración de exposición temporal e xornada de comunicación no Museo Liste-Etnográfico de Vigo

O sábado,15 de decembro, ás 18,00h, terá lugar a inauguración da exposición temporal «AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS», no Museo Liste-Etnográfico de Vigo (Pastora, 22), xunto á xornada de comunicación «OBXECTOS DE PODER». Esta xornada correrá a cargo do comisario da exposición, o profesorCarlos Solla Varela, escritor, etnógrafo e experto no ámbito da mitoloxía galega, que disertará sobre os obxectos de poder: amuletos, talismáns e pedras da fartura, as súas propiedades e vixencia na actualidade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: