A música instrumental acada unha nova perspectiva a través de ‘Pop’

descarga (1)

O disco de Luís Peixoto e Fernando Barroso chega esta semana aos mecenas que axudaron a financialo

Nos próximos días, Pop, o primeiro disco en común de Fernando Barroso e Luís Peixoto, chegará aos seus mecenas. Este novidoso proxecto afástase do estrictamente tradicional e popular para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Diversos instrumentos e ritmos compoñen os 16 temas desta nova proposta musical que vai desde as influencias de antigos trobadores até os anos 80 ou a actualidade.

Para Fernando Barroso, o coidado do procedemento, os múltiples instrumentos que os dous músicos tocan, tales como bouzouki irlandês, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, ou as guitarras acústica, clásica e eléctrica, pandeireta, pandeiro, asubíos, sintetizadores, entre outros, así como o micromecenado “que nos axudou a editar o traballo”, son piares fundamentais de Pop.

Os seus referentes e a versatilidade interpretativa fan de Pop “un paseo” que nos leva dun ambiente popular, herdanza de antigos trobadores, a unha atmósfera instrumental envolvente “propia dos anos 80″, aseguran. Tamén destacan o “traballo artesanal” durante todo o proceso, xa que“foi un disco “gravado, arranxado e producido por nós os dous”, din.

Tradición actualizada

Como unha vidreira feita música. Así soa este compendio instrumental interpretado con grande mestría por Luís Peixoto e Fernando Barroso. Segundo os artistas, ‘Pop’ é algo que “vén de desprendernos dos nosos referentes” así que entenden que trae algo do pasado pero cren, e así agardan, que “pode ser un disco a ter ganas de escoitar” que “pode soar a vello, pero que se ve claramente que non foi gravado hai anos”, indican.

En Pop non hai unha banda detrás, senón que une dous músicos que comezan a traballar cun lenzo en branco. Nas ideas dos dous estaba gravar un disco onde “puideramos tocar varios instrumentos, xogar con atmósferas e facer e desfacer o que nos apetecese” e iso é algo que só se pode facer “cando tes como compañeiro alguén tan tolo coma ti que decide perder o tempo nalgo así”, conclúen Barroso e Peixoto.

A importancia do mecenado

No que respecta á produción do disco, para os dous artistas o máis importante é o agradecemento por lles teren “demostrado esa confianza” nalgo e a resposta, aseguran, “foi impresionante”.

As e os mecenas que contribuíron para a realización de Pop teñen a exclusiva de obter o disco na edición que se fabricou grazas ás súas achegas e que recibirán na casa, pois “non vai ser distribuído en tendas”, explican, pero si se poderá mercar directamente aos cantores. Ademais, tamén será lanzado ás plataformas dixitais tales como Spotify ou iTunes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: