O Último cowboy estará no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo
O vindeiro sábado, 22 de decembro, o auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo abrirá as súas portas para presentar a última proposta escénica do Teatro do Noroeste. Co labor actoral desenvolvido por Miguel Pernas e Luma Gómez, Último cowboy quere ser, en certa maneira, unha visión moi persoal de Eduardo Alonso sobre a difícil situación actual.