ALICIA CONSIDERA NETAMENTE POSITIVOS OS TACs ACADADOS EN BRUXELAS TENDO EN CONTA O DURO PUNTO DE PARTIDA DA NEGOCIACION
A conselleira do Medio Rural e do Mar representou ás comunidades autónomas españolas no Consello de Ministros de Pesca celebrado estes días
Rosa Quintana salientou que para as duras negociacións foi imprescindible “ter ben feitos os deberes para vir a Europa coa razón na man e poder facernos valer”
§ A titular de Medio Rural e Mar destacou o aumento xeral de máis dun 40% no TAC do lirio, dun 15% na pescada do Cantábrico e dun 42% no TAC da cigala de Gran Sol
§ Ademais logrouse manter os TACs de especies principais para a frota española e en particular a galega, como a pescada norte, rapante ou badexo e frear a caída de especies coma o peixe sapo