O Alcalde de Vilagarcía reusa reunirse coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) para presentarlle unha nova proposta que permitiría pechar economicamente o Encontro de Carril.

A Federación lamenta que un Concello como Vilagarcía, con recoñecida vocación marítima  e apoio decidido as tradicións mariñeiras, vexa prexudicada a súa imaxe pola actuación do seu Alcalde.
A FGCMF  intentou recentemente falar co Alcalde de Vilagarcía para presentarlle unha nova proposta, que permitiría pagar a débeda que o Concello mantén co X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (20.973,66€), evento que realizouse en Carril e Vilaxóan en xullo de 2011 e do que o Concello de Vilagarcía e un dos organizadores. Logo de que nos dous últimos meses a FGCMF realizase continuas chamadas ao Concello, obtivo por resposta que a axenda do Alcalde está moi apretada polo que non é posible manter a reunión.

De novo, a  negativa de Tomás Fole a cumprir os compromisos verbais acordados polo Concello de cara ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais está a causar dificultades económicas a tres empresas galegas, á vez que pon en perígo a viabilidade da propia FGCMF. Preocupada pola situación económica das empresas afectadas e facendo un grande esforzo a FGCMF xa adiantou aos provedores o pagamento de case o 30% da débeda do XI Encontro, débeda xenerada pola actitude do Alcalde.

Os membros do Comité Organizador do X Encontro, entre os que está o Concello de Vilagarcía, comprometeron unha achega ao evento, xa sexa económica, de traballo, ou de ámbalas dúas cousas. Todos os membros do Comité Organizador cumpriron co seu compromiso, menos o Concello de Vilagarcía. Porén, a FGCMF consciente da delicada situación económica xeral, en aras de chegar a un acordo que permita pagar aos provedores do Encontro de Carril, realizou diferentes solicitudes ao Concello para que en calidade de co-organizador do X Encontro aporte ao mesmo 20.973,66  euros, pouco máis da metade do que comprometera.
O X Encontro foi un éxito innegable mercé, sobre todo, ao esforzo das tripulacións galegas e das que nos visitaron de fora de Galicia, así como pola extraordinaria implicación da xente de Vilagarcía, especialmente de Vilaxoán e Carril,  que se volcou nesta festa da cultura marítima. A decisión do Concello de Vilagarcía de non asumir o seu compromiso co resto da organización do X Encontro constitúe a única sombra sobre o éxito desa cita.

Cando a organización do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia xa está en marcha e vaise realizar no mes de xullo do 2.013 en O Freixo-Outes, o Encontro de Carril ainda está sen pechar economicamente. É a primeira vez nos 20 anos que se ven realizando o Encontro que unha administración non cumpre os seus compromisos verbais ou escritos con este evento, botando pola borda o esforzo realizado pola Organización do Encontro de Carril para promocionar  turísticamente a Vilagarcía e finalmente  facendo que o traballo de tantas persoas de Carril e Vilaxoán quede esvaecido por estas circunstancias

A FGCMF ven organizando dende 1.993 o Encontro de Embarcacións Tradicionais o que converte a este evento bianual no máis importante de náutica tradicional que se celebra en España. O seu carácter itinerante propicia que toda a Comunidade Galega sexa partícipe dun espectáculo que adoita reunir cerca de 150 embarcacións chegadas de Galicia e doutras  comunidades litorais españolas, de Portugal, de Francia e doutros países europeos. Cerca de 700 tripulantes e uns 25.000 visitantes ao evento falan do seu impacto  económico, e á vez de promoción  turística, para a vila mariñeira que o acolle.

O interese das asociacións Rompetimóns  e  da Asociación Marítima e Cultural de Vilaxoán, xunto co apoio do Concello de Vilagarcíau  motivou a elección de Carril para a celebración do X Encontro de Embarcacións,  así coma unha concentración previa en Vilaxoán, levadas a cabo entre o 25 de xuño e o 3 de xullo do 2.011. O Concello referendou o seu compromiso co X Encontro mediante un acordo plenario, aprobado de xeito unánime por toda a Corporación no Pleno do 25 de febreiro de 2.010 e posteriormente comprometendo  verbalmente un apoio económico de 40.000 euros. Para a realización do Encontro, a FGCMF sempre contou coa colaboración das diferentes administracións con acordos verbais previos que logo  se resolveron oportunamente . Todas elas cumpriron o compromiso adquirido.

Cambados, a 19 de decembro de 2.012

Asdo. Víctor Fernández González

(Presidente da FGCMF)

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: