Archive | diciembre 21, 2012

Concello de Vigo

 


O alcalde visita as obras de Abeleira Menéndez, “unha nova rúa no corazón da cidade”

Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción pola evolución das obras da rúa Abeleira Menéndez, cun orzamento superior aos 300.000 euros. Estes traballos, que permitirán unir esta rúa con San Sebastián, son unha mostra máis, dixo, do proceso de recuperación “acelerado” que se está a levar a cabo no Casco Vello.

 


O reitor da UNED confirma que a aula de Vigo abrirá as súas portas no mes de febreiro

Abel Caballero avanzou esta mañá a confirmación do propio reitor da Uned, Juan Gimeno, que a aula de Vigo abrirá as súas portas en febreiro, costeada íntegramente polo Concello. Tal e como explicou, desde a Universidade a Distancia, validan o edificio aínda que haxa que realizar pequenos arranxos

 


O Concello enche o IFEVI de actividades de ocio infantil e familiar na décima edición de Vigolandia

Vigolandia abre as súas portas o día 26, e ata o 30 de decembro, cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos. Na súa décima edición, o evento recollerá xoguetes e, como novidade, alimentos non perecedeiros para entidades benéficas. As entradas costarán 3 euros, 2 para os menores de 14 anos.

 

O goberno local implementa novas medidas de promoción turística da cidade

Abel Caballero informou da adxudicación provisional de sendos proxectos para mellorar a promoción turística de Vigo, tanto na cidade como no mercado internacional. Por outra banda, o alcalde informou da adxudicación de 47 bolsas de idiomas para os estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

 

Taller de Nadal sobre elaboración de xabóns naturais

Os días 26, 27 e 28 de decembro terá lugar na instalación educativas de Vigozoo un curso taller de elaboración artesanal de xabóns naturais.Os talleres terán unha duración de tres horas, en horario de mañá (de 10:00 a 13:00) ou de tarde (de 16:30 a 19:30), e están destinados a adultos e nenos acompañantes

PORRIÑO

descarga (4)  PORRIÑO YA TIENE PREPARADAS 2.000 RACIONES CON LAS DOCE UVAS DE LA SUERTELa villa del Louro celebrará anticipadamente la llegada del nuevo año con un simulacro de Nochevieja el domingo día 30 en la plaza Arquitecto Antonio Palacios

Al igual que en las dos ediciones anteriores, que tuvieron una gran repercusión mediática, no faltará la música, con las actuaciones de la orquesta Claxxon y las rondallas de Pontellas y Santa Eulalia de Atios, junto a otras muchas sorpresas

 MÚSICA DE RONDALLAS LOS PRÓXIMOS DÍAS EN PORRIÑO

Las agrupaciones Santa Eulalia de Atios y Pontellas actuarán en diferentes parroquias mañana sábado, el domingo y el martes 25, día de Navidad

CARLOS NÚÑEZ COMPORÁ A SINTONÍA DA ‘VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2013’ E SERÁ A IMAXE DA PROBA COAS MARCAS GALICIA E RÍAS BAIXAS COMO GRANDES REFERENCIAS

 _P2A3922   Rafael Louzán anuncia que o artista vigués será tamén a estrela na gala de presentación da Volta o vindeiro día 12 de xaneiro en Vigo, e participará na elaboración do videoclip oficial da proba, no que haberá “múltiples referencias a Galicia”
 
Carlos Núñez: “A Volta é un miradoiro maravilloso, non só para mín, senón para toda a música galega”; “Quero que a sintonía reflicta o ritmo, a épica, a viaxe e os soños que leva implícitos o ciclismo e, por suposto, o sabor de Galicia”; “Síntome moi orgulloso de que non só o flamenco poda internacionalizar a España, senón tamén a música galega” Leer Más…

Xaime Subiela gana o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Pola súa obra ‘Para que nos serve Galiza?’

Hoxe reuniuse en Santiago de Compostela, no Centro Ramón Piñeiro o xurado da XII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Gas Natural Fenosa. O xurado, composto por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme Vidal Lage e Carlos Lema, que actúa como secretario con voz e con voto, decidiu, por maioría, outorgarlle o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, na súa duodécima edición, ao texto titulado “Para qué nos serve Galiza?” de Xaime Subiela.
O xurado valorou moi especialmente a modernidade da análise da situación actual de Galiza e o novidoso da formulación dos retos da sociedade galega de hoxe. O xurado recoñece así os méritos dunha obra na que unha cuestión sobranceira é a busca de alternativas colectivas conciliadoras arredor do concepto integrador de nación; cunha visión optimista de futuro.

Xaime Subiela Pérez (Chantada, 1969), investigador social e consultor público, desde 2009 traballa como profesional autónomo.

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, 1996, nas especialidades de Estudos Políticos e Estudos Internacionais; posgrao de especialización na Unión Europea e master de Cooperación Internacional pola USC.

Socio-fundador da empresa Cidadania na que participou na súa dirección estratéxica e comercial, e no desenvolvemento do traballo de investigación e consultoría entre 1998 e 2006 en temas relacionados coa participación cidadá, planificación estratéxica, normalización lingüística, desenvolvemento sustentable e coa cultura.

Como traballos máis desatacable podemos sinalar:

Coordinador técnico da Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Consello da Cultura Galega. 2010-2011.
Coordinador de contidos da Cidade da Cultura de Galicia, como asesor da Consellería de Cultura e Deporte. Baixo a súa dirección elaboráronse os plans directores de cada un dos centros, incluídos os actualmente abertos: Arquivo e Biblioteca de Galicia. 2008-2009.
Responsable da elaboración de diversos proxectos de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal en materia cultural, entre eles o Proxecto Creativa: a industria cultural galego-portuguesa, financiado polo Interreg IV.
Asesor técnico do primeiro Anuario de Estatísticas Culturais de Galicia 2006.
Coordinador xeral do proceso de participación social das Axendas 21 locais das cidades do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. 2003-2005.
Director da investigación do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia do Consello de Cultura Galega. 2000-2002.
Director técnico dos Plans de Normalización Lingüística dos concellos de Ferrol e Santiago. (2001-2003)
Participa habitualmente como docente en diversos masters no relacionado coa planificación pública e a participación cidadá, e como relator en diversos congresos do ámbito lingüístico e cultural, sendo autor de publicacións de referencia nestes campos.

Vicedecano do Colexio de politólogos/as e sociólogos/as de Galicia, e colaborador habitual da Radio Galega, e da revista Tempos Novos na que foi coordinador do Informe Galicia 2010.

Actividades Nocaixagalicia – Vigo

último Cowboy en NCG

Mañá, sábado 22 de decembro, o auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo abrirá as súas portas para presentar a última proposta escénica do Teatro do Noroeste. Co labor actoral desenvolvido por Miguel Pernas e Luma Gómez, Último cowboy quere ser, en certa maneira, unha visión moi persoal de Eduardo Alonso sobre a difícil situación actual.

OBRADOIROS INFANTÍS NCG VIGO

Novacaixagalicia convida os máis pequenos da casa a gozar dun Nadal creativo e cheo de imaxinación. Con motivo da exposición permanente «Coordenadas na arte galega contemporánea» o centro social vigués da entidade organiza dous talleres de lecer educativo, orientados a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Celebraranse os días 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, previa reserva no teléfono 986 120 032. O importe a aboar por participar en cada sesión e de 3 € ou 4,50

 

O BNG demanda que un Consello Social que reclame que o Porto sexa considerado nodal e que PP e PSOE muden a súa postura

descarga (3) O Bloque tamén esixe que Feijóo exerza como presidente de Galiza “xa que tanto presume de galego e vigués”

Vigo, 21 de decembro de 2012.-De forma coherente co anuncio efectuado pola eurodeputada Ana Miranda sobre a ofensiva municipal e parlamentar do BNG para recabar apoios no obxectivo de que o Porto de Vigo incluído na Rede Transeuropea de Transportes, a deputada Carme Adán e o portavoz municipal Santi Domínguez presentaron as iniciativas que está desenvolvendo o Bloque no Parlamento galego e no Concello de Vigo.

No eido municipal, Santi Domínguez reclamou a celebración dun Consello Social no que unanimemente se exprese o apoio para que o Porto vigués sexa nodal e que inste ao PP e ao PSOE “a que reconsideren a súa actitude”. Para o nacionalista “cómpre que PP e PSOE reconsideren a súa decisión sobre o Porto e deixen de buscar culpables nun deputado grego e outro alemán”. Leer Más…

PP de Vigo

El PP denuncia la falta de medios municipales para los emprendedores y exige al alcalde que empiece a apoyar las iniciativas locales

 

  •  El Grupo Municipal del Partido Popular lamenta la falta de oportunidades para los jóvenes vigueses, “ya que no cuentan con ningún tipo de apoyo por parte de la administración local y se ven obligados a trabajar en condiciones nefastas”, explicó el concejal del PP, José Luis Álvarez.
  • El Partido Popular llevará al próximo pleno municipal la necesidad de crear un vivero de empresas en la antigua Escuela de Hostelería, que dé apoyo a jóvenes, a emprendedores y a autónomos de la ciudad.
  • “Caballero hace distinción también en Navidad y solo ilumina algunas calles de la ciudad, marginando al resto de barrios”, criticó el edil popular. 
  • Las políticas de Juventud son las que más se reducen en el presupuesto para 2013, sin un solo proyecto específico para los jóvenes

     

    • El concejal del PP Alejandro Pérez denuncia el paulatino descenso de las partidas destinadas a planes juveniles, tanto de empleo como de actividades.
    • “Para el alcalde los jóvenes vigueses no existen, ni tampoco los proyectos innovadores; por no existir, ni siquiera existe la concejala de Juventud”, critica el edil del Grupo Popular.  
    • “Lo único que se le ha ocurrido al regidor es mandar a los jóvenes vigueses a plantar lechugas en los huertos urbanos, cuya partida presupuestaria se imputa, parcialmente a esta concejalía”, argumenta Alejandro Pérez.

PRETO DO 84% DAS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE PARA OBTER CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE FORON APROBADAS

  • Máis de 2.300 persoas presentáronse ás 5.081 probas que tiveron lugar o pasado mes de novembro en Silleda (Pontevedra)
  • As probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, permiten acceder ás persoas sen titulación á formación para o emprego asociada aos certificados de profesionalidade
  • As competencias clave máis demandadas foron lingua galega, lingua castelá e matemáticas, cunha media do 90,20% de aprobados Leer Más…

BRAVO BOSCH DESTACA AS OBRAS DO HOSPITAL E DA EDAR DO LAGARES DENTRO DAS 21 MEDIDAS QUE ESTE ANO CONQUERIU A XUNTA EN VIGO

  • descarga (2)  A delegada territorial da Xunta en Vigo realizou esta mañá, nun encontro cos medios de comunicación, un balance do ano trasladando unha mensaxe de “optimismo moderado”.
  • Insta ao Concello de Vigo a que chegue a acordos coa Administración autonómica para avanzar no proxecto da Cidade da Xustiza e poñer en marcha a Área Metropolitana.
  • O novo tax lease, o contrato de Pemex con Barreras, as axudas á automoción, as obras do espazo de usos recreativos na ETEA ou a vindeira apertura do Centro de Interpretación das Illas Atlánticas no edificio Cambón son outras das actuacións da Xunta conseguidas este ano.
  • No ámbito social destaca a apertura da Escola Infantil da Gota de Leche, as melloras e ampliacións dos centros educativos dos CEIP Pintor Laxeiro, O Pombal e Illas Cíes e a apertura do centro de saúde de Navia.
  • En materia de vivenda e rehabilitación, a aposta pola recuperación do Casco Vello a través do CCVV coa incorporación de novas familias, novos establecementos comerciais e institucións coma os Rexistros da Propiedade ou o Rexistro Civil, ao que se suma a declaración da Festa da Reconquista coma Festa de Interese Turístico Galego. 

Especial Nadal Rastro Portovello e Feira nas ruas do Casco Vello – Vigo

descarga (1)  Este sábado, 22 de decembro, no Casco Vello de Vigo, terá lugar unha edición especial Nadal do Rastro PORTOVELLO e FEIRAcon máis afluencia de postos que nunca (máis de 100 acuden a Portovello e máis de 40 á Feira)

De 11:00 h. a 21:00 h., nas rúas Oliva, Palma, Joaquín Yáñez, Triunfo, Praza da Igrexa, Praza dos Descubrimentos e Praza da Pedra.

 
Aquí vos deixamos os horarios de actuacións e obradoiros:
PORTOVELLO
12:00 h. Sesión vermout con The Coverment
17:00 h. Pasa Rúas con Kè-percussion
18:30 h. Fran García “Presunto Dj”

FEIRA
Actuación:
13:30-14:30 h. El Kamishibai, Teatro de Papel

Obradoiros:
12:00-13:30 h. “Bolas de Nadal” Van Divulgación Cultural
16:30-17:30 h. “Broches con motios de nadal” Leonlagata
“Muiños de Man” Marcos Escuder

Ademáis moitos dos establecementos hosteleiros do barrio farán ofertas especiais durante todo o día.