Actividades Nocaixagalicia – Vigo
último Cowboy en NCG
Mañá, sábado 22 de decembro, o auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo abrirá as súas portas para presentar a última proposta escénica do Teatro do Noroeste. Co labor actoral desenvolvido por Miguel Pernas e Luma Gómez, Último cowboy quere ser, en certa maneira, unha visión moi persoal de Eduardo Alonso sobre a difícil situación actual.
OBRADOIROS INFANTÍS NCG VIGO
Novacaixagalicia convida os máis pequenos da casa a gozar dun Nadal creativo e cheo de imaxinación. Con motivo da exposición permanente «Coordenadas na arte galega contemporánea» o centro social vigués da entidade organiza dous talleres de lecer educativo, orientados a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Celebraranse os días 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, previa reserva no teléfono 986 120 032. O importe a aboar por participar en cada sesión e de 3 € ou 4,50