Concello de Vigo

 


O alcalde visita as obras de Abeleira Menéndez, “unha nova rúa no corazón da cidade”

Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción pola evolución das obras da rúa Abeleira Menéndez, cun orzamento superior aos 300.000 euros. Estes traballos, que permitirán unir esta rúa con San Sebastián, son unha mostra máis, dixo, do proceso de recuperación “acelerado” que se está a levar a cabo no Casco Vello.

 


O reitor da UNED confirma que a aula de Vigo abrirá as súas portas no mes de febreiro

Abel Caballero avanzou esta mañá a confirmación do propio reitor da Uned, Juan Gimeno, que a aula de Vigo abrirá as súas portas en febreiro, costeada íntegramente polo Concello. Tal e como explicou, desde a Universidade a Distancia, validan o edificio aínda que haxa que realizar pequenos arranxos

 


O Concello enche o IFEVI de actividades de ocio infantil e familiar na décima edición de Vigolandia

Vigolandia abre as súas portas o día 26, e ata o 30 de decembro, cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos. Na súa décima edición, o evento recollerá xoguetes e, como novidade, alimentos non perecedeiros para entidades benéficas. As entradas costarán 3 euros, 2 para os menores de 14 anos.

 

O goberno local implementa novas medidas de promoción turística da cidade

Abel Caballero informou da adxudicación provisional de sendos proxectos para mellorar a promoción turística de Vigo, tanto na cidade como no mercado internacional. Por outra banda, o alcalde informou da adxudicación de 47 bolsas de idiomas para os estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

 

Taller de Nadal sobre elaboración de xabóns naturais

Os días 26, 27 e 28 de decembro terá lugar na instalación educativas de Vigozoo un curso taller de elaboración artesanal de xabóns naturais.Os talleres terán unha duración de tres horas, en horario de mañá (de 10:00 a 13:00) ou de tarde (de 16:30 a 19:30), e están destinados a adultos e nenos acompañantes

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: