PRETO DO 84% DAS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE PARA OBTER CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE FORON APROBADAS

  • Máis de 2.300 persoas presentáronse ás 5.081 probas que tiveron lugar o pasado mes de novembro en Silleda (Pontevedra)
  • As probas en competencias clave, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, permiten acceder ás persoas sen titulación á formación para o emprego asociada aos certificados de profesionalidade
  • As competencias clave máis demandadas foron lingua galega, lingua castelá e matemáticas, cunha media do 90,20% de aprobados

Santiago, 21 de decembro de 2011.- Preto do 84 por cento das probas de competencias clave para obter certificados de profesionalidade da última convocatoria, celebrada o pasado 24 de novembro no Recinto Feiral de Silleda, foron aprobadas. Máis de 2.300 alumnos realizaron 5.081 exames correspondentes ao nivel 2 (participantes que non posúen o título da Educación Secundaria Obrigatoria).

Un total de 2.394 persoas solicitaron participar nestas probas en competencia clave de nivel 2. Como estas persoas se presentaban para máis dunha competencia clave das 7 que se convocaban (lingua galega, lingua castelá, matemáticas, ciencia, tecnoloxía, dixital e inglés),

en total suman 8.944 solicitudes de probas en competencia clave, das que foron admitidas un total  8.848.

Do total de inscricións formalizadas, finalmente se presentaron e se realizaron probas por un total de 5.081, o que representa o 57,43% de participación. Deste total de presentados, finalmente aprobaron un total de 4.243, un 83,51%.

As competencias clave máis demandadas foron lingua galega, lingua castelá e matemáticas, cunha media do 90,20% de aprobados. No bloque de competencias de ciencia, tecnoloxía e dixital a media de porcentaxes de aprobados é do 83,13%. Finalmente, a porcentaxe de éxito na competencia de lingua inglesa é do 36,06%.

Estas probas teñen como obxectivo incrementar a calidade da formación, axustala á demanda de cualificación profesional requirida e mellorar as posibilidades de inserción profesional dos participantes. Ademais permiten a aquelas persoas que non posúen os requisitos académicos requiridos para optar aos novos certificados de profesionalidade poder acceder aos mesmos.

Chámanse competencias clave aos contidos de formación básica que aseguran os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento a formación para o emprego correspondente aos novos certificados de profesionalidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: