EDITORIAL GALAXIA PRESENTA O CONCERTO DE MAMÁ CABRA en Cangas
O popular grupo de música infantil interpretará temas do seu novo traballo BICOS DE MÚSICA e repasará os traballos da súa anterior discografía
BICOS DE MÚSICA
No concerto espérannos un mollo de cancións nas que as Mamá Cabra volven sobre as tonadas pegadizas e as coreografías divertidas que engaiolan dende o inicio da súa carreira pequenos e non tan pequenos. Cancións para aprender a andar pola rúa nos pasos de peóns, para comer con sentidiño ou para gozar da primavera e o resto das estacións do ano.
Mamá Cabra é un grupo de música infantil formado por músicos que tocan todos os instrumentos imaxinables: batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica…