Archive | diciembre 27, 2012

Los turistas internacionales gastaron 52.800 millones de euros entre enero y noviembre, un 6% más‏


  • Reino Unido, Alemania, Francia y Países Nórdicos fueron los mercados que más aportaron al crecimiento del gasto en los once primeros meses de 2012. Cataluña, Baleares y Canarias las comunidades más beneficiadas en ese periodo.
  • En noviembre, el gasto total de los turistas internacionales fue de 2.967 millones de euros, un 1,1% menos que hace un añ0 Leer Más…

Concello de vigo

concellodevigo

O Concello aproba o seu sexto orzamento consecutivo, que ascende a 228,8 millóns

Este xoves, PSOE e BNG validaron as contas do Concello para 2013, o sexto orzamento consecutivo aprobado “por primeira vez na historia” da cidade, afirmou a edil de Economía. Díaz explicou que o documento céntrase na acción social e no emprego, con menor débeda e presión fiscal para os vigueses.

Leer Más…

A XUNTA XESTIONA DENDE HOXE O MUSEO DAS ILLAS ATLÁNTICAS QUE ABRIRÁ SEIS DÍAS Á SEMANA PARA RECIBIR 150.000 VISITAS AO ANO

 

  • ciesislas    O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas participou esta tarde na inauguración do Edificio Cambón, rehabilitado no Casco Histórico de Vigo, que acollerá as oficinas e o centro de visitantes do parque nacional
  • Sinala que coa apertura desta sede-museo avánzase un paso máis cara a conservación e protección deste enclave natural único en Galicia
  • Avanza que no vindeiro ano se traballarán en 30 liñas de actuación que irán en camiñadas a mellorar a xestión, o seguimento xeral da flora e da fauna, e a investigación e divulgación
  • Entre esas medidas destaca a elaboración da estratexia paisaxística da Illa de Ons e a incorporación do parque á Carta Europea de Turismo sostible Leer Más…

BNG Vigo

descarga (3)  O BNG apoia os orzamentos municipais porque potencian a creación de emprego e os servios sociais 

Vigo, 27 de decembro de 2012.-O grupo municipal do BNG votou a favor dos orzamentos municipais para 2013 despois de que o goberno local aceptara as emendas presentadas, que supoñen case 6 millóns para crear emprego e un novo Plan de Compensación contra a crise. “Os tres votos do BNG non son para o alcalde, nin para o goberno local, que ao mellor non o merecen, senón para a cidadanía, para as persoas que van poder traballar e para os nenos e nas que van poder comer”, subliñou o portavoz municipal nacionalista.

Santi Domínguez criticou, por unha banda, a “amnesia” da concelleira de Facenda, ao non lembrar que no borrador presentado polo goberno local reducían as partidas de emprego e servizos sociais. “Grazas ás emendas presentadas polo BNG aumentamos en máis de 3 millóns as partidas destinadas a emprego”, afirmou Domínguez. Leer Más…

Festa BIG VAN tómate a tarde o xoves 27

tomateatarde  local de VAN Divulgación Cultural mañá xoves a partires das 20.00 h.

A XUNTA EXPLICA AOS VECIÑOS E VECIÑAS AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA IGREXA DE ZAMÁNS, QUE FINANCIA CON 133.000 EUROS

  • descarga (2)  Esta actuación forma parte dos 16 proxectos dinamizadores en áreas rurais que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ven de aprobar e subvencionar para os concellos da área territorial de Vigo.
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta tarde ata Zamáns para explicar o proxecto á directiva da Asociación Veciñal.
  • A actuación ten coma obxecto a modificación e humanización da praza, que actualmente ten na súa maior parte un pavimento destinado ao tráfico rodado.
  • Preténdese aumentar a zona peonil da mesma, e dotala de maior arborado e mobiliario urbano, creando un espazo para desfrute da poboación.

Concierto de The Carcamals, el sabado 29 de diciembre a las 22:30 en La Pecera ( Pizarro, 35), entradas 3€

descarga (1)  Concierto de The Carcamals, el sabado 22 de diciembre a las 22:30 en La Pecera ( Pizarro, 35), entradas 3€
THE CARCAMALS (a.k.a the Fishbox Band) son un grupo de versiones instrumentales de blues, rock, surf, country, música de cine y TV, etc.. formado por tres auténticos carcamales:
Pedro  Díaz – una guitarra
Javier Soto – otra guitarra
Andrés Cunha – percusiones y el gran pollo de goma (Chicken Carcamal)

Su estilo recorre todas las vertientes: desde el Blues y el Rock al Country, pasando por el Surf y la música Hawaiana, hasta llegar a los grandes temas del cine y la televisión. En este variado repertorio de más de 80 canciones podrás encontrar versiones instrumentales de Link Wray, The Shadows, Yardbirds, Southern Culture on the Skids, Ventures, Ennio Morricone, Freddie King y un largo etcétera de clásicos de todos los tiempos que hacen de cada concierto una experiencia inolvidable.

A TEMPADA DE PESCA 2013 EN GALICIA INICIARASE O 17 DE MARZO E REMATARÁ O 31 DE XULLO

  • pesca_arrastre2  Entre as novidades desta tempada destaca que o copo para a captura de salmón no río Miño pasa de 5 a 8 exemplares
  • Incorpóranse unha nova masa de auga, un tramo no río Mendo entre A Ponte dos Cabalos e a desembocadura do río Mandeo, para a pesca de reo
  • A tempada da troita nas augas de montaña comeza o 1 de maio e súmase o río Soldón, augas abaixo da ponte da estrada de Rugando a Vilarmel
  • Establecense novos tramos vedados, 26,9 quilómetros na Coruña, 87,4 en Lugo, 11 en Ourense e 27,5 en Pontevedra, e se levanta a veda en 88 quilómetros de ríos da Coruña, 15,7 en Lugo e 7 en Pontevedra
  • Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos Leer Más…

A XUNTA INCREMENTARÁ EN 2013 A PARTIDA ORZAMENTARIA DESTINADA Á RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA NUN 38 POR CIENTO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, iniciou hoxe unha rolda de contactos con entidades de iniciativa social mantendo unha xuntanza coa directiva da Federación Galega de Bancos de Alimentos
  • A titular de Benestar avanzou que os orzamentos da Xunta para o ano 2013 contemplan un “importante” incremento na partida destinada á inclusión social, onde destacou a correspondente á RISGA que superará os 32,5 millóns de euros
  • Lembrou que a nova Lei de Inclusión Social, que establecerá unha nova RISGA por tramos, aprobarase en 2013 no Parlamento   Leer Más…

EDITORIAL GALAXIA PRESENTA O CONCERTO DE MARÍA FUMAÇA en Vigo

editorialgalxia

María Fumaça é unha locomotora comandada por Uxía, chea de alegría e que viaxa, con estación e todo, por Galicia enteira enchendo os teatros de música, baile e felicidade

MARÍA FUMAÇA

No concerto espérannos un mollo de cancións das que forman parte do libro-disco-dvd María Fumaça (Editorial Galaxia) e na que participan artistas como Uxía, Carlos Blanco, Isaac Palacín, Magín Blanco, Sergio Tannus ou Tanxarina Teatro e que naceu como un agasallo para Ruí, un cativo con parálise cerebral e afillado de Uxía.

Desta volta, subirán ao escenario Blanqui Francés, Uxía, “a marabillosa banda do cuartel” (Paqui, Fon, Varo e Olih), Chary, Iria e a súa mamá, Manuel Sío, Chus e Rui.Sobre o escnario do Salón Teatro, a familia María Fumaça monta unha completa estación de tren que partirá cun cargamento de cancións pegadizas, tonadas alegres e moita vitalidade, nun espectáculo que dura algo máis dunha hora e na que ninguén, absolutamente ninguén, quedará sen cantar nin bailar. 

Venres 28 de decembro ás 18.00 h.

no Auditorio do Concello